Esta semana fixemos unha valoración das medidas que levou a cabo Fernando VII durante o seu reinado.
En equipos de cooperativo, e a través dun folio xiratorio clasificamos en 3 columnas cada unha das súas accións. Máis tarde, a través da técnica do semáforo puxemos en común as conclusións obtidas, o que nos permitiu descubrir que nunca debemos xulgar sen coñecer.