«A intelixencia aliméntase de saber cousas». Manuel Núñez Singala.

20160412_163546

Instrucións para tomar café,  a obra de relato curto de Manuel Núñez Singala, serviunos a 3º e 4º de ESO como escusa para pasar unha tarde falando de libros, literatura, lingua e costumes de noso e doutras culturas.

20160412_161303-1

O profesor, sociolingüista e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago, achegouse ata Oleiros e compartiu connosco reflexións sobre a diversidade, a liberdade, a empatía cos que son diferentes a nós, a autoestima dos galegos coma pobo, a importancia do amor pola lingua, a necesidade de aprender, de mellorar, de coñecer… sen necesidade de elixir.

20160412_16445520160412_164843

Antes de marchar, asinounos algúns dos exemplares do seu libro, e adiantounos o título da súa nova novela: Camiños na auga.

Grazas pola visita.

Un pracer.