A marea dorneira en Oleiros!

20160406_155915Non é 24 de xullo, mais arrían velas desde a Confraría da Dorna e atracan no porto de 3º e 4º de ESO.

O presidente, Narciso «Chori» e Ramona Bello, (secretaria) xunto con Lidia Fernández (vicepresidenta e antiga alumna do noso centro)  quedan connosco para falarmos da festa das festas.

Cóntannos que a colaboración e o traballo das peñas que adoitan participar nesta celebración son a esencia que fai a diferenza entre a Festa da Dorna e outras festas. Tamén nos falan do consumo responsable e preséntannos o certame de deseño de chapas, que se adoitan vender. Anímannos a formar a nosa propia peña e déixannos os carteis e a bandeira da Dorna.

Avante, sardiñeiros!