Os alumnos do 3º ciclo de Educación Primaria disfrutamos dunha xornada escolar fóra do centro o 15 de xaneiro.
Paseamos polas rúas do casco histórico de Santiago, ata chegar á catedral. Aquí estamos na Praza da Quintana, unha das máis importantes do conxunto histórico da cidade. Está rodeada polo muro do Mosteiro de San Paio de Antealtares, e as casas da Conga e da Parra, que se pode ver ao fondo na fotografía. A Quintana é un punto de encontro dos peregrinos, xa que alí está a Porta Santa.
Despois, asistimos á obra de teatro “Step by step”.
Para rematar unha mañá moi produtiva, visitamos o Museo do Pobo Galego, onde nos adentramos nos campos do mar e a agricultura.
Así,na sala adicada ao mar, puidemos seguir o proceso de construción dun pesqueiro, e ver as distintas artes de pesca.
E na adicada ao agro, os distintos apeiros de labranza.