A saúde é un tema fundamental para ter unha boa calidade de vida, e na escola somos conscientes diso; por iso, é un contido que traballamos a cotiá. Coa intención de afondar, neste caso na hixiene dental, tivemos a visita dunha mamá odontóloga que ensinou o nome dos dentes e o seu axeitado lavado. Desfrutamos dunha tarde de aprendizaxe en compañía do crocodilo CAMI ao que lle deixamos os dentes relucentes!
