Alumnado da ESO en Santiago

O pasado 12  de xaneiro os rapaces da E.S.O. asistimos á obra de teatro en inglés «KEEP CALM» onde puidemos comprobar o nivel que temos de comprensión nese idioma.

Logo os cursos de 1º e 2º visitaron na Rúa do Villar a exposición «HÉROES ANIMADOS»

DSC_0740DSC_0746

A exposición acercounos a unha grande mostra de todo o proceso de deseño e creación dunha personaxe de animación a través de películas coma:
El príncipe de EgiptoSpirit, el corcel indomableLa ruta hacia El DoradoSimbad: La leyenda de los siete maresEl EspantatiburonesMadagascarKung-Fu PandaCómo entrenar a tu dragónLa Novia Cadáver de Tim Burton, ¡Piratas! y Hotel Transilvania.

Tamén participaron nun taller, onde eles foron os creadores dun corto animado.

Nese tempo os de terceiro e cuarto visitamos a Cidade da Cultura, ademais de poder ver in situ a súa inmensidade desfrutamos da exposición que fixeron sobre un grande fotógrafo galego de principio do século pasado «JOSÉ SUÁREZ: UNS OLLOS VIVOS QUE PENSAN». Logo da exposición vimos un taller de revelado de fotos que algúns solo tiveramos visto na televisión así como a creación dunha cámara escura.

5