Animación á lectura na ESO

Unha das actividades previstas para desenvolver o Plan Lector de Centro é a visita dun animador á lectura. Esta semana os rapaces da ESO traballaron en dúas sesións o contexto e a temática dos libros que leron no 1º e 2º trimestre. Desta maneira, achegáronse, entre outros, a Cordelúa, de Elia Barceló, un libro máxico no que uns  namorados poden esperar ata mil anos para romper unha maldición e poder reencontrarse no máis alá. Tamén revisaron a historia contemporánea coa obra de Pedro Riera, La tumba de Aurora K.  onde vemos como uns exiliados da guerra na antiga Iugoslavia, conviven entre eles. Comando Gorki de Fernando Lalana desenvolve unha trama de aventuras, misterio e ciencia ficción ambientada en Siberia na 2ª Guerra Mundial. LLamando a las puertas del cielo, de Jordi Serra i Fabra, A fraternidade de Eihwaz de César Mallorquí, El sello de Eolo, de Manuel Alfonseca, ou Eureka 2086 de Manuel Gil Parro, entre outros, completaron as lecturas.

IMG_4984IMG_4982

 

 

 

 

 

 

 

 

IMG_20180228_130927_361

IMG_20180228_103027_831