Anuncio sorteo Xunta Electoral

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na Resolución do 26 de setembro do 2016 da Dirección Xeral de Educación,  Formación Profesional e Innovación Educativa  e da Dirección Xeral de Recursos Humanos  (DOG do 4 de outubro), realizarase próximamente neste centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de tódolos sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do prodedemento de elección dos novos membros do consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto o día 4 de novembro ás 15:00 horas, e integrada por:

– O Director ou directora do Centro

– Un representante da titularidade

– Un profesor ou profesora

– Un pai ou nai ou titor legal.

– Un alumno da ESO

– Un representante do PAS.

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece a Orde do 28 de agosto de 1996 (DOG 26/9/1996), art. 7º. Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día  3, xoves ás 11:15 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que próximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.