Aprendemos inglés xogando

O noso native teacher, Alex, cada semana realiza actividades nas súas clases cunha finalidade comunicativa  e estimulante. Actividades que están pensadas para ir consolidando e ampliando os contidos e obxectivos de cada curso. No seu método non se fai nada porque sí; todo ten a súa razón de ser! Estas dúas primeiras semanas de febreiro @s nen@s do primeiro ciclo da  primaria tiveron as clases de speaking adicadas  aos xogos no patio do colexio. Cada actividade tiña relación co vocabulario dos temas que se dan nas clases de Inglés.

IMG_20190205_151137

IMG_20190205_150806IMG_20190205_152522

Así @s nen@s aprenden inglés dunha forma divertida e amena. Este tipo de actividades son de gran axuda para interiorizar os coñecementos lingüísticos que adquiren na clase de Lingua Inglesa.

IMG_20190218_093732IMG_20190218_093715