SOBERANÍA ALIMENTARIA

Hoxe os alumnos do 3º ciclo de primaria asistiron no centro a unha charla sobre “Soberanía alimentaria” co obxectivo de fomentar nos alumnos un espíritu crítico sobre a produciòn e orixe dos alimentos.

A  finais deste mes visitaremos “Paraíso raíña” en Vilasantar para ver máis de preto o funcionamento dunha cooperativa.

BENVIDOS!!

Comenzamos novo curso !

Hoxe démoslle a benvida ao curso 2023-2024.

Foi un día de moitas emocións; primeiro día de cole para os máis pequenos, reencontros cos compañeiros e profes xunto coa estrea de novas instalacións.

Dámoslle a benvida á SINXELEZA, valor que estará presente nas nosas aulas.


Estamos seguros que disfrutaremos moito!

SAÍDA 1º E 2º ESO

A finais de xuño tivemos unha saída cultural ao Museo de Belas Artes de Coruña para coñecer a vida e obras de Picasso e a súa relación con esta cidade. Logo desta visita, desprazámonos ata o parque Acuático de Cerceda, onde realizamos unha xornada de convivencia comendo todos xuntos e desfrutando das diferentes actividades acuáticas e deportivas.