Ligazón ao blog de PASTORAL
Autor: Administrador
POLOS CREATIVOS
MAIO CULTURAL
A FOLLA AZUL DE ANDREA MACEIRAS
1º de ESO amosa unha vez máis a súa creatividade con estes LAPBOOKS realizados
sobre a lectura de trimestre «A folla azul» de Andrea Maceiras.
Esta novela está protagonizada por unha tribo ficticia, os tacaré, e desenvólvese na
Amazonia. A súa forma de ver e entender o mundo, os seus costumes e tradicións e
mesmo algunha das súas palabras amósannos a vida destes defensores e defensoras
da natureza. Un berro contra a destrucción dos recursos naturais e un canto a favor da
cooperación e o respecto a outras formas de vida.

FRANCÉS EN PRIMARIA
TRABALLAMOS A RECICLAXE
TROUBLE IN THE JUNGLE
CASA GRANDE DE XANCEDA
O pasado xoves ,16 de maio, os alumnos do 1º ciclo de Ed. Primaria visitamos a granxa Casa Grande de Xanceda. Alí explicáronnos como xurdiu esta granxa familiar bio-ecolóxica, preto de Ordes na cal coidan de máis de 300 vacas. Coa leite que producen elaboran diversos produtos lácteos ¡muuuy ricos e sans!
Ademais de visitar os diferentes espazos de produción da granxa, visitamos algúns dos terreos que posúen onde nos ensinaron porque son unha granxa ecolóxica e bio. Alí descubrimos as diferentes casas niño, as colmeas, a eco- horta e o eco zoo onde desfrutamos dos animais e fixemos un taller para axudar a coidar a biodiversidade do rural e respectalo medio ambiente.
Foi unha xornada diferente na que aprendemos muuuitas cousas novas para poñer en práctica nas nosas casas!



AXUDAS E FONDO LIBROS CURSO 2024-25
Aberta a convocatoria de axudas, fondo e material escolar para o vindeiro curso 2024-25. Poden consultar a información na lapela AXUDAS LIBROS.
POBO AVENTURA 2024
Os cursos de 3º e 4º tivemos saída de fin de curso a Pobo Aventura (Teixeiro). Desfrutamos dunha xornada onde puidemos aprender cousas dos nosos ancestros, realizamos unha ruta de sendeirismo pola senda do río onde nos deron pautas para o coidado e conservación do medio natural. Ademáis realizamos unha xincana con eco-xogos, tiro con arco… rematamos a xornada cun baile moi divertido como bos “poboaventureiros”.




LETRAS GALEGAS!
Luísa Villalta, máis ca unha poeta
Como cada 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas, así como ao autor homenaxeado, este ano dedicado a Luísa Villalta.
Dende o colexio levamos a cabo diferentes propostas educativas nas que se abordou a vida e obra de Luísa Villalta e a importancia do galego. Entre elas podemos destacar un retrato da autora homenaxeada coa técnica do collage por parte do alumnado de infantil, a elaboración dun libriño en miniatura dos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria ou diversas actividades en cooperativo como un resumo plasmado nun mural sobre o libro «Alma de violino» de 4º, 5º e 6º.




