ELAS.

Dende o centro queremos concienciar do papel  que desenvolve a  muller na sociedade de hoxe en día e para iso reunimos a mulleres de  diferentes ámbitos laborais : sector pesqueiro,rama sanitaria e policía local e nacional.
Todas elas amósanse realizadas nos seus traballos que ao mesmo tempo compaxinan co de ama de casa, coidadora, mestra… Escoitamos de primeira man os atrancos cos que se atopan no día a día.

Dende aquí queremos agradecer a todas elas a súa colaboración porque sen “ELAS” non sería posible.

Charla coa escritora Paloma González

A pasada semana o alumnado de 3º e 4º da ESO recibimos a visita de Paloma González, autora de João, Premio Alandar 2019 e que lemos este trimestre no Plan Lector.

A súa vida como escritora, en que se inspirou para escribir este libro ou que relación teñen con ela algúns dos personaxes, foron algunhas das dúbidas que nos resolveu amablemente nunha charla distendida. Ao remate, asinounos os nosos exemplares.

Moitas grazas por vir!

Visita da autora Antía Yáñez

    

 O 12 de febreiro o alumnado de 1° e 2° da ESO puido desfrutar dunha agradable charla da man da autora da obra «O misterio de Portomarín», libro do plan lector deste trimestre. 

     Moitas grazas á escritora polas súas verbas e polas rúbricas dedicadas aos alumnos.


O DÍA DE ROSALÍA


Os alumn@s de 5ºe 6º de E.P. participan nas actividades organizadas polo concello para conmemorar o Día de Rosalía de Castro coa  representaciòn teatral  Trilla,Trilla.


Os alumn@s interactuaron durante a actuación co fin de coñecer o léxico e  refráns da nosa lingua.

NINGUNHA FAMILIA SEN COMIDA

Cada mes, o alumnado de 3º e 4º de Primaria, implícase nunha campaña diferente.
Nesta xornada, os nosos esforzos van destinados á Loita contra a Fame.
Comprometidos e concienciados coa causa, cada rapaz vai aportando o seu gran de area para colaborar con aquelas familias da contorna que precisan da nosa axuda.
Día a día, vemos como se senten implicados e se preocupan máis por aqueles que non gozan das mesmas oportunidades.
IMG_20200214_120520
GRAZAS POLA COLABORACIÓN DE TODAS AS FAMILIAS!

EN FORMACIÓN

 

IMG_20200208_110219
Durante a fin de semana, un grupo de profesores asistimos a un curso de formación sobre avaliación auténtica.
Dun xeito moi dinámico, presentóusenos un rico abano de ferramentas e recursos que nos permitirán ceder o protagonismo ao alumnado, sendo quen de autoavaliar e coavaliar os seus progresos.