Xa tivemos un avance en exclusiva,… e así foi, o mundo do cine centrou o entroido no noso colexio.
Xa tivemos un avance en exclusiva,… e así foi, o mundo do cine centrou o entroido no noso colexio.
Neste trimestre o alumnado de 3º de ESO traballou a lectura da novela «El cazador de estrellas» de Ricardo Gómez.
Viaxamos ao deserto do Sahara, coñecemos os costumes e tradicións do pobo saharauí como a cerimonia do té ou as tatuaxes con henna e entendemos as razóns polas que están exiliados fóra do seu país.
En cooperativo traballamos os diferentes aspectos que os identifican como pobo e rematamos expoñendo uns murais na clase.
Somos uns artistas e pasámolo xenial!
Cando os alumnos de sexto chegaron a clase atóparonse cunha sorpresa. Cada equipo, tiña unha caixa cun sobre ao seu nome.
O curso de 6º de EP estivo estudando como deseñar un patio no que todos poidamos estar, xogar e divertirnos.
Esta proposta das profesoras vén a conto porque nos presentamos á 35° edición do Concurso da ONCE.
Empregamos as clases de plástica e reforzo lingüístico ( en grupos de cooperativo) para ver que lle gosta facer no recreo a cadaquén e logo deseñamos o noso patio inclusivo.
Esperamos ter sorte no concurso!
Aí están os nosos deseños.
Os alumnos de 2º e 3º de Primaria asisitimos o pasado venres 22 á divertida obra de teatro «Acuario», do grupo teatral Ghazafelhos. Esta actividade estaba enmarcada dentro dos actos do día de ROSALÍA. Fixéronnos viaxar a través das ondas do mar con diferentes melodías para coñecer aos habitantes da nosa costa: sollas, fanecas, xardas, robalizas, sardiñas… Pasamos un intre moi divertido, sorrindo e cantando.. valorando a nosa lingua e todas as novas palabras e coñecementos que aprendemos.
Mentres, no colexio, os poemas de Rosalía ían enchendo de luz e cor as aulas e os corredores para lembrar a nosa poetisa máis ilustre.
A Asociación cultural «Alberto Romero» ven de fallar o seu premio anual no certame de curtas celebrado o pasado sábado en Boiro, onde o traballo «Tormenta mental» recibiu o 1º premio na categoría de ESO e Bacharelato. Foi presentado por un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO do noso centro, despois de traballar arreo neste proxecto durante o 1º trimestre no Taller de Audiovisuais que se impartiu na ESO. Recolleron o premio Hugo Fontaíña (guionista e editor) e Xián Vila (protagonista).
Quixeron axiña compartir a experiencia cos compañeiros e para iso visitaron as aulas de Primaria para contarlles como xurdiu a idea ou como gravaron as esceas máis complexas. A cantidade de horas e o esforzo de todo o equipo víronse recompensados gratamente con este premio. Parabéns, rapaces!
Non hai moitas ocasións nas que coincidan en Compostela dúas citas tan relevantes para a nosa cultura, como as que se deron estas últimas semanas arredor da figura de Daniel Castelao.
O alumnado de 3º e 4º de ESO visitou ambas exposicións o 15 de febreiro.
Á primeira, «Alba de Gloria. Unha experiencia», promovida polo Consello da Cultura Galega, acudimos no mosteiro de Bonaval. Lembramos nela, o discurso pronunciado por Castelao en Bos Aires, o 25 de xullo de 1948. Foi para todos unha visita gratificante, pois puidemos revisar a historia de Galicia a través de paneis interactivos e cun guía que nos acompañou amablemente durante o percorrido.
Rematamos finalmente coa actividade en 3D que nos permitiu recrear de xeito moi novidoso, o discurso cos personaxes que nel aparecen.
Ao rematar, e no mesmo mosteiro, visitamos o Panteón de Galegos Ilustres, onde están soterrados Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, o poeta Cabanillas, o escultor Asorey e o mesmo Castelao.
Xa pola tarde, tivemos a oportunidade de ver na Cidade da Cultura, o cadro pintado por Castelao no exilio: «A derradeira lección do mestre». Exposto durante anos no Centro Galego de Bos Aires, viaxou unhas semanas a Galicia, para regresar de novo á capital arxentina. Na visita afondamos na obra gráfica de Castelao e na temática das obras expostas, facendo especial fincapé na importancia do ensino como transmisor de valores e de cultura.