GRADUACIÓN EN HOGWARTS!!!

 

DSC_1901
Chegamos ao final de xuño, e a nosa primeira promoción de Magos e Bruxas do Colexio Hogwarts remata a súa tempada escolar. Non sen antes facer lembranza dos bos momentos e da aprendizaxe que xuntos levamos a cabo.
IMG-20180622-WA0041IMG-20180622-WA0043
A aprendizaxe cooperativa, as diferentes Casas que conforman a nosa clase foron enfrontándose e superando diferentes probas.
A súa actitude, as súas tarefas e a súa participación tiveron a súa recompensa e proporcionáronlles os puntos e o coñecemento necesarios para afrontar a última proba: unha gymkana que comprendía todo o saber do Mundo Máxico.
Os nos@s alumn@s tiveron que poñer en práctica todo o aprendido nas clases de Pocións, Astronomía, Encantamentos… 6 probas diferentes, que coa axuda dos nos@s compañeir@s de 4º E.S.O. puideron ser avaliadas exitosamente.
Moitos nervios, pero sobre todo ilusión; permitíronlles disfrutar deste día tan emocionante para os nosos rapaces.
IMG-20180622-WA0016IMG-20180622-WA0046
IMG-20180622-WA0061 IMG-20180622-WA0050
Finalmente, quédame felicitar aos alumn@s que non resultaron gañadores, xa que souberon aceptar con madurez a súa derrota, felicitar tamén aos que foron capaces de progresar satisfactoriamente ata acadar o primeiro posto; e por último, agradecer ás rapazas e rapaces de 4º de E.S.O. que fixeron posible levar esta actividade, a cabo e que foron quen de gañar o respecto e a admiración dos máis pequenos.
Noraboa a tod@s!
IMG-20180616-WA0029

UN BOTE POLA IGUALDADE 

 

DSC_1857
En pleno século XXI determinados estereotipos sexistas seguen caracterizando a nosa sociedade e están todavía moi presentes en actitudes e costumes actuais: «as nenas non poden xogar ao fútbol», «as bonecas son cousas de nenos»…
Ser neno ou nena non debería marcar a diferenza entre quen somos e quen podemos chegar a ser.
Esta é unha leción que quedou moi presente nos nosos alumn@s a través da presentación do libro «O bote violeta».  Ollar con outra mirada é posible, grazas a historias coma esta.

Unha clase de Quidditch

 

IMG-20180619-WA0021IMG-20180619-WA0019
Montados nas súas vasoiras, os alumnos de cuarto pudieron experimentar o que supón a práctica do deporte máis famoso no Colexio Hogwarts.
Perseguindo a snitch dorada e evitando ser derrubados por unha quaffle, puideron demostrar as súas habilidades.
Ollade que ben o pasaron!! ?
IMG-20180619-WA0015IMG-20180619-WA0013

EXCURSIÓN Cuarto curso de Infantil.

 

image[6]image[1]

Os pequenos do Colexio xa fixemos a nosa excursion e pasámolo xenial.

Fomos ao cámping Arosa II , máis coñecido por nós como o cámping A Cascada. Aínda que está moi preto do noso colexio, non por iso nos fixo menos ilusión esta excursión. De camiño pasamos pola casa do noso compañeiro Ángel Pérez, xa que ao longo do trimestre, traballando as unidades didácticas de animais e prantas fomos descubrindo que alí tiñamos que ir visitar os seus animais ( cabalo, porco, xabarin, coellos, pitiños,…) e a pena foi non poder ver funcionar o muíño de auga pola xiada que había no eirado.

imageimage[4]

image[5]image[1]

Foi unha experiencia divertidísima e a avoa de Ángel  atendeunos con moito cariño.

image[2]image[3]

Continuamos cara o cámping, onde fixemos un percorrido visitando as diversas maneiras de vivir alí : caravanas, tendas, bungalows… Visitamos tamén os animais e xogamos no parque. E tivemos a sorpresa da actuación da pallasa Troskyta que nos maquillou e nos fixo rir moito.

imageimage[6]

Como despedida, o señor Manuel levounos de percorrido no tren infantil e ao rematar, voltamos para o Colexio.

image[4]image[3]

image[5]

image[2]

Foi unha xornada inolvidable.

Flores dorneiras

Este ano a Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira tivo a iniciativa de presentar un proxecto cargado de orixinalidade e creatividade: repartir máis dun centenar de flores dorneiras por colexios, asociacións e artistas da comarca coa finalidade de invitalos a reflectir as súas interpretacións do símbolo dorneiro. E, como non, dende o Colexio da Milagrosa tamén quixemos mostrar o talento artístico do noso alumnado presentando 6 flores.

IMG-20180524-WA0000
IMG_20180522_131747_134IMG_20180522_131639_516
Dende o 1 de xuño, data na que todas as mostras entregadas foron expostas no Concello de Ribeira, podemos admirar os diferentes diseños presentados decorando os centros públicos ribeirenses. Xa localizáchedes as nosas? Aí van dúas pistas…
IMG-20180605-WA0002IMG-20180605-WA0001

EXPERIMENTANDO

DSC_1834DSC_1833

Nestas últimas semanas, e a piques de rematar o curso, quixemos probar algunhas técnicas novas.
Por un lado, empregamos o recurso dos emojis para traballar os refráns, e mediante un concurso,ver quen acadaba máis puntos.
E por outro, iniciámonos na estrutura complexa do Crebacabezas. Mediante reunións de grupos base e grupos de expertos, puxemos a proba o noso dominio sobre as categorías gramaticais.
Seguiremos disfrutando da nosa aprendizaxe!
DSC_1817DSC_1816

As nosas lecturas

Dentro das actividades do maio cultural os alumnos e alumnas de 5º de Primaria elaboraron os seus propios libros dun xeito creativo nos que reflicten as técnicas adquiridas nas  lecturas levadas a cabo durante o presente curso.
Deste xeito, os rapaces e rapazas puideron disfrutar do pracer de ler, converténdose eles en autores, ilustradores e editores.

213

FESTIVAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Coma todos os anos, reunímonos para homenaxear a nosa lingua, a nosa cultura, nun día tan significativo como o Día das Letras Galegas. Este ano celebrámolo dunha forma especial, comezando días antes do 17 de maio a enfatizar o valor da nosa lingua e buscar información sobre a autora homenaxeada ese día. Para iso, os nenos e nenas de 5º de Primaria, baixo o lema “O idioma é a forza que nos sostén; se perdemos a fala non seremos ninguén”, recolleron unha boa mostra de refráns do noso pobo galego. Namentres, os discentes de toda Primaria dedicáronse ó labor periodístico, en busca de información sobre a vida, historia e obra de Mª Victoria Moreno. Ese proceso foi levado a cabo mediante actividades, como o uso do folio xiratorio en 1º, 2º e 3º de Primaria e a exposición entre os compañeiros das obras da autora.  Resaltáronse dous libros: A festa no faiado e Mar Adiante, obras que se plasmaron co proxecto plástico das portadas dende a materia de Educación Plástica.

O 16 de maio, un día antes do Día das Letras Galegas, celebrouse no colexio a homenaxe á autora. Primeiramente, os máis pequenos de Primaria  realizaron unha visita á gardería “Barbanziños” onde leron o conto “A festa no faiado”, colorearon un marcapáxinas de María Victoria Moreno, xogaron un anaquiño cos nenos da escola infantil e remataron a visita entregándolles un agasallo que prepararon con moito agarimo. Foi unha visita moi especial, cargada de emocións!

Xa pola tarde tivo lugar o Festival, onde a espontaneidade e orixinalidade do evento caeu en mans do alumnado de Primaria, xa que sintetizaron todo o traballado sobre a autora mediante unha dramatización escolar e unha mesa redonda onde, tanto participantes como espectadores, participaron animadamente. O broche de ouro correu a cargo do serán levado a cabo pola música das pandeiretas nas mans das nosas alumnas, xunto coa entrega de premios aos discentes de 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO que participaron na escritura de microrrelatos na honra da autora comezando todos coas verbas dunha das súas obras: “Subiu ata o faiado da casa e alí…”

Un resumo de todas estas actividades pódese ver no seguinte vídeo:

 

 

Viaxe a Cantabria

CANTABRIA

Dende o CPR A Milagrosa pretendemos traballar as habilidades sociais e favorecer o desenvolvemento do noso alumnado no mundo real. Para iso, este ano organizouse, para os cursos de 1º e 2º da ESO, unha viaxe de tres días e dúas noites a Cantabria. Esta viaxe supuxo unha experiencia enriquecedora para os discentes, ademais das aprendizaxes culturais e sociais, onde puideron ver, sentir e tocar moitas das cousas estudadas ao longo do curso nas diferentes materias.