Visita á Residencia do Maior

«O corazón, como as cousas que se saben, como os cartos que se gañan, soamente serven para algo se se comparten cos demais»

Mª Victoria Moreno

E 4º de ESO non quixo deixar de celebrar o Día das Letras cunha visita a Ribeira para compartir o noso labor cos maiores da Residencia de anciáns.

Ao longo dunha hora charlamos con eles, algúns deles contáronnos de onde son e como foi a súa vida, ata coñecían a algunhas das nosas familias porque foron veciños! Lémoslles textos da autora homenaxeada, e agasallámolos cunhas letras marcapáxinas. Foi moi emocionante compartir una anaco do noso tempo con eles, que teñen tantas cousas que nos ensinar.

IMG_5943

IMG_5951IMG_5952

IMG_5958 (1)IMG_5954IMG_5953

E como remate, nesta semana tamén elaboramos o audiovisual que vos deixamos a seguir.

3º de ESO nas Letras Galegas

d1493db1-7d6f-431e-a1c9-371765e57642

ee27ff22-e13a-4076-873b-346cf20cb03ad886e88e-a19f-4649-a03c-621a96457c2d

Esta semana tivemos traballo a fartar. En grupos puxémonos a investigar sobre a orixe desta celebración festiva do 17 de maio e mais sobre a vida e obra da autora homenaxeada: Mª Victoria Moreno. Cando nos quixemos dar conta xa tiñamos o día enriba, así que decidimos compartir o que sabiamos cos máis pequenos do colexio, co alumnado de Infantil. Preparamos un vídeo e agasallámolos cuns globos brancos e azuis, lembrando así as cores da nosa bandeira. Estas son algúns dos momentos desta mañá e tamén vos deixamos o vídeo.

          Agardamos que vos preste!

 

Os demais grupos de 3º de ESO visitamos as clases de Primaria, falamos con eles, vimos algún vídeo e xogamos a ver quen sabe máis das letras… Foi moi enriquecedor para todos.

164922a0-7842-4022-9dea-9e270debc025 34e4eba8-6881-465d-b7e6-702f58ce463903f4147a-57d9-4c41-aaee-57762f0fb7f5

5a44d9d2-dad0-4a5d-9c7c-2aa55ac1cdd3

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

7d4fdda8-2b04-4803-a60f-8074753db1a8637c6bf9-acff-4c76-85a5-4eb0d9766004

Letras Galegas

Os nen@s de 6º de Infantil e de 1º de Primaria dentro das actividades previas  realizadas para coñecer a homenaxeada este ano nas Letras Galegas, Mª Victoria Moreno, elaboraron un mural, entre tod@s, con tod@s @s homenaxead@s neste día tan importante para as nosas letras.
Bo traballo nen@s!!!
LG

Mes de maio

Celebramos a apertura do mes de maio, coincidindo co día de Santa Luisa de Marillac, cofundadora das Fillas da Caridade xunto con Vicente de Paúl. Acudimos á capela o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria para así renderlle homenaxe, recordando o seu gran labor no servizo ós máis necesitados.

image1

image3image2

Día da Nai

Comezamos o mes de maio cun pequeno agasallo ás nosas nais no seu día.

12

 

Os nen@s de 1º e 2º de Primaria elaborámolos con todo o agarimo que elas se merecen.

35
4

Moitas felicidades no teu día MAMÁ !!!

Día da Nai

Hai poucos días comezamos o mes de maio e os nenos/as de 1º de Primaria estivemos moi ocupados preparando o regalo da NAI, que se celebrou o pasado domingo 6. Esta é unha mostra dos agasallos que fixemos, incluída a bolsa de agasallo.

IMG_20180503_130844

 IMG_20180509_114505

 

Casa Grande de Xanceda

Como broche de ouro para rematar o mes de abril, os nenos/as do Primeiro Ciclo da Primaria tivemos unha saída cultural á Casa Grande de Xanceda. Alí fixemos unha ecovisita guiados por María e Isabel, que nos ensinaron os encantos e recunchos da enorme finca que alberga a Casa de Xanceda. Tamén visitamos as cortes,  sala de muxir , a horta e o eco- zoo. O mellor de todo é que aprendemos a muxir a vaca Rosalía,  que tivo moita paciencia con nós.

XAN1    XAN

 

XAN

IMG_20180430_133642

Clase de feitizos

Durante esta semana, levamos a cabo unha pequena pesquisa sobre os principais feitizos que abundan na nosa saga. Imperius, Avada Kedavra, Crucio… foron algúns dos feitizos máis repetidos. Botádelle un ollo ás nosas fiestras, a ver cantos identificades!
DSC_1532
DSC_1537DSC_1536

Flor da Dorna

Este ano na Feira da Educación, Cociña Creativa quixo tamén achegar aos máis pequenos a Festa da Dorna,  polo cal elaboraron  cos nenos e nenas que participaron, unha flor da Dorna moi doce. Grazas aos nenos e nenas por participar e facernos desfrutar durante a elaboración desta receita.

peñas                dornadorniña