O venres 20 de abril os rapaces de 3º e 4º da ESO tivemos a oportunidade de escoitar a experiencia do Dr. en Bioloxía, Luis Sampedro, na Antártida.
Descubriunos datos que non sabiamos e tamén como viviu ese mes e medio alí.
Moitas grazas por ser tan bo comunicador.
Autor: Editor
» ANAGNÓRISE «
Os rapaces de 4º da ESO fomos agasallados cun exemplar de «Anagnórise» de María Victoria Moreno, ( autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas), por parte da editorial Galaxia, así como coa interpretación do libro feita por Limiar Teatro.
Eles presentáronnos a súa particular visión, moi ben traída, da historia de Nicolau e o seu amor de xuventude.
Grazas a Galaxia e a Limiar Teatro porque nos fixeron soñar unha vez máis.
Proxecto Educación Infantil
No Colexio este ano o obxectivo a traballar é » O Servizo». Nas aulas de Infantil decidimos mostrar aos alumnos certos oficios nos que a súa tarefa é axudar ás persoas que forman parte da comunidade ( bombeiros, policía, sanitarios), arriscando moitas veces as súas vidas para axudar ós demais. Esta semana tivemos a primeira visita adicada aos policías, así os alumnos tiveron a oportunidade de coñecer tamén por dentro o coche da policía municipal, onde disfrutaron moito, poñendo en funcionamento as sereas.

Leonardo e os fontaneiros
Os discentes de 1° e 2° da ESO asistiron, ao Auditorio de Ribeira, á representación teatral da obra: Leonardo e os fontaneiros, da autora á que se adica este ano o día das Letras Galegas; María Victoria Moreno.
PEQUENOS MAGOS EN ACCIÓN
CELEBRACIÓN DA FESTA DO PERDÓN:»QUEREMOS VOLTAR»
21 de marzo Día da Poesía
Tempo de lecer
Día do Pai
Que sorpresa levou papá cos agasallos que elaboramos no cole. Quixemos agradecerlle neste día todo o cariño e coidados que nos dá ao longo do ano.
Os nen@s de 1º EP fixemos un vaciapetos onde papá poderá deixar as súas cousas.
Os de 2º EP construímos un tres en raia co que compartiremos momentos de xogo con papá.
Porque:
Da túa man vou aprender
o que mañá vou a ser.