PRIMEIRO OBXECTIVO, ACADADO!
Chegamos a un punto importante no noso proxecto. Por fin rematamos o noso primeiro libro da saga, «A pedra filosofal», e como non podía ser doutro xeito, cada un recibiu un diploma polo logro acadado.
Segunda parada, A cámara secreta!!
Autor: Editor
Visita da escritora An Alfaya
Dende o CPR A Milagrosa de Oleiros queremos darlle as grazas á autora do libro O aroma do liquidámbar, An Alfaya, pola súa presenza no noso centro, onde os rapaces de 5º e 6º de Primaria tiveron o pracer de coñecer de primeira man a importancia de traballar a creatividade e de implicarse na lectura facendo uso dos cinco sentidos, é dicir, ir máis aló do visionado de palabras para descubrir que a escritura é o mellor medio para transmitir e expresar sentimentos.
Asemade, a experiencia foi moi enriquecedora para os discentes, que non dubidaron en entrevistala para coñecer máis datos sobre a labor creadora da escritora e sobre as fontes que a inspiraron a redactar unha historia sobre a árbore do liquidámbar. Deste xeito, os rapaces e rapazas de primaria, puideron aprender a valorar a escritura como unha actividade lúdica e creativa que non debe agocharse nunca na clandestinidade.
O alumnado de 3º e 4º de ESO achegouse á obra da autora coa lectura do libro O ceo das enaguas, co que desfrutaron do xénero da novela de misterio. Aproveitaron o momento de charla coa escritora para aclarar feitos relevantes da acción ou mesmo para saber en que se inspirou para escribir o relato.
Finalmente, An Alfaya agradeceu aos nosos alumnos e alumnas o seu interese e o feito de compartir con ela a experiencia aportada, trala lectura das obras, a través da elaboración dun mural , rematando, así, a sesión coa firma dos exemplares dos libros.
Día Internacional da Muller
Dende o noso centro tamén nos sumamos a facer visible o traballo das mulleres.
Unha vez máis as nosas nais e avoas estiveron presentes neste día histórico , coas súas fotos empapelamos o noso colexio e destacamos o papel da muller a través da historia.
CONTÁRONNOS UN CONTO
APRENDIZAXE COOPERATIVA
No que vai de trimestre os nenos e nenas de 6º de infantil e de 1º de EP traballamos coa metodoloxía da Aprendizaxe Cooperativa, onde nós todos participamos contrastando as nosas ideas e tomando decisións consensuadas para poder avanzar na nosa aprendizaxe. Mostra diso, son as seguintes imaxes, onde coa dinámica da MALETA compartimos as nosas afeccións e gustos cos nosos compañeiros e compañeiras. Así puideron saber algo máis do que facemos no noso tempo de lecer.
A ASOCIACIÓN MARIOLA CONTA CON NÓS
Charla e Obradoiro coa Asociación A Creba
Enmarcado nas xornadas de sensibilización coas enfermidades mentais, os alumn@s de 4º da ESO asistimos a unha charla sobre este tema impartida pola psicóloga da asociación. Descubrimos que non estamos libres de sufrir unha enfermidade mental pero aprendemos que cun tratamento axeitado podemos facer vida normal.
Á semana seguinte os usuarios da asociación ensináronnos as técnicas que empregan para a elaboración dos seus productos feitos de coiro.
Esperamos asistir pronto a outro taller con eles, pero esta vez na Asociación.
Anímaste a participar no xaxún voluntario nesta Coresma?
Dende o colexio os nenos de 3º de Primaria ata 4º de Secundaria participamos coa campaña de Mans Unidas “Comparte o que importa” no día do xaxún voluntario. Camiñamos dende o centro ata o Dolmén de Axeitos, cambiando o noso prato de comida por un bocadillo xunto cunha pequena aportación de 3 euros.
Se todos intentamos colaborar, o cotiá encherase de: PAZ, CONFIANZA, ALEGRÍA E VIDA.
Día de Rosalía
Como cada 24 de febreiro, o alumnado da ESO celebramos o aniversario da poeta coñecendo a súa biografía e a súa obra.
Desta vez, elaboramos un mural coas nosas creacións artísticas lembrando versos e poemas da autora. Participamos ademais na subida ás redes sociais ese mesmo día, do noso traballo, coa etiqueta #AbrideAFiestra.
Entre todos lembramos a actualidade da temática tratada por Rosalía, quen lle deu voz aos máis desfavorecidos, cantando pola liberdade e dignidade da terra que a viu nacer.
Animación á lectura na ESO
Unha das actividades previstas para desenvolver o Plan Lector de Centro é a visita dun animador á lectura. Esta semana os rapaces da ESO traballaron en dúas sesións o contexto e a temática dos libros que leron no 1º e 2º trimestre. Desta maneira, achegáronse, entre outros, a Cordelúa, de Elia Barceló, un libro máxico no que uns namorados poden esperar ata mil anos para romper unha maldición e poder reencontrarse no máis alá. Tamén revisaron a historia contemporánea coa obra de Pedro Riera, La tumba de Aurora K. onde vemos como uns exiliados da guerra na antiga Iugoslavia, conviven entre eles. Comando Gorki de Fernando Lalana desenvolve unha trama de aventuras, misterio e ciencia ficción ambientada en Siberia na 2ª Guerra Mundial. LLamando a las puertas del cielo, de Jordi Serra i Fabra, A fraternidade de Eihwaz de César Mallorquí, El sello de Eolo, de Manuel Alfonseca, ou Eureka 2086 de Manuel Gil Parro, entre outros, completaron as lecturas.