Excursión á neve

Aquí vai unha pequena mostra do ben que o pasaron as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO na viaxe á neve da pasada semana. Estiveron aloxados nun albergue no pobo de Villablino e disfrutaron das pistas da estación de esquí de Leitariegos, onde coa axuda dos monitores, aprenderon a esquiar e a facer snowboard.

nevosaneviña

Proxecto Harry Potter

DSC_0975

De volta das vacacións de Nadal retomamos o noso proxecto.

A medida que avanza o curso profundizamos na nosa aprendizaxe sobre o mundo máxico.

DSC_0984DSC_0978DSC_0985
Comenzamos por parellas creando os nosos propios feitizos e continuamos coa elaboración de pócemas, as cales rexistramos por escrito nos nosos pergamiños.
A Escola Hogwarts de Maxia e Encantamento está en marcha!
DSC_0987

Charla Asociación A Creba

Os alumn@s de 5º e 6º de Primaria participaron nunha charla a cargo da Asociación A Creba na que abordaron o tema das enfermidades mentais.
O obxectivo é sensibilizar  aos nosos alumn@s ante este tipo de enfermidades e intentar que desaparezan  os prexuízos que se forman arredor delas.
Nestas enfermidades todos podemos chegar a formar parte do tratamento para a súa recuperación e como tal debemos actuar.

1

Nobody’s Perfect

1

Os rapaces da EP e da ESO fomos ver a obra de teatro Nobody´s Perfect. Puidemos  practicar os nosos coñecementos de inglés.
234
5º e 6º de primaria fixeron unha visita á catedral de Santiago antes de asistir á obra.
cde

Logo de rematar a función fomos comer. Pola tarde 5º e 6º  visitou o Museo de Ciencias, 1º e 2º   de ESO fixo unha actividade guiada polo Museo do Pobo Galego e 3º e 4º de ESO fomos á Cidade da Cultura, onde nos explicaron  toda a obra arquitectónica.
Aproveitamos moi ben o día.
ea

Festival de Cáritas

O pasado venres día 15, o noso centro participou no festival organizado por Cáritas.

FOTO FESTIVAL CÁRITAS

Os alumnos de 5º interpretaron a panxoliña “Le voy a adorar” e colaboramos coa posta en escena da obra “¿Qué es la Navidad?” coa que nos adentramos no Misterio do Nadal, que fai que cambie a nosa mirada, o noso sentir e sobre todo a nosa maneira de actuar.

Operación Kilo

Dende o Departamento de Pastoral queremos facervos chegar o noso máis sinceiro agradecemento pola vosa colaboración na campaña da Operación Kilo. Coa vosa axuda poderemos entrar naqueles fogares onde máis nos necesitan e facer que un sorriso saia de moitas familias para que poidan ter un Nadal un pouco máis acolledor grazas á vosa solidariedade.

OPERACIÓN KILO

“Un kilo de comida… un millón de grazas”.

Campo a través » III Memorial Vicente Fernández»

foto1

O pasado día 19 de decembro, realizouse no complexo deportivo de A Fieiteira a carreira de campo a través “III Memorial Vicente Fernández” onde os nenos e nenas do noso colexio, dende terceiro ata sexto de primaria, pasaron unha xornada deportiva apaixoante participando con alumnado de outros colexios da zona, onde o máis destacable foi o gran ambiente vivido nesta festa do deporte.

Foto2Foto 3

O noso alumno, Pablo Ruiz, clasificouse na categoría benxamín para a disputa da proba intercomarcal debido ó seu gran terceiro posto. NORABOA!!!

PABLO RUIZ

 

 

 

 

 

 

SAVE THE CHILDREN

IMG_7230

Un ano máis dende  EI ata  a ESO comprometémonos a pór o noso gran de area para axudar a combater a desnutrición infantil colaborando   coa O.N.G Save The Children.

2017-12-03-PHOTO-000008862017-11-28-PHOTO-00000811

Tod@s participamos dunha tarde de convivencia e deporte, onde coa nosa aportación económica poderemos axudar aos  nenos a superar  un episodio de desnutrición (15€), recibir leite terapéutica durante unha semana (50€) paquetes básicos de antibióticos  que proporcionan protección  contra a neumonía e diarrea(100€).

2017-11-28-PHOTO-000008212017-11-28-PHOTO-00000818

Grazas a tod@s pola vosa colaboración, e en especial ás familias polo seu apoio.