Meteogalicia e Mupega

Os alumn@s de 5º e 6º de E.P. disfrutaron dunha xornada educativa fóra das aulas.

IMG_7234IMG_7239

Visitaron as instalación de Meteogalicia e a estación de Control do Aire Ambiental, onde tomaron conciencia da importancia que ten a calidade do aire para as nosas vidas.

A continuación fixemos un paso polo tempo no mundo da educación coa visita ao MUPEGA, onde coñeceron de cerca algúns dos materiais escolares e xogos de antano.

IMG_7243IMG_7253IMG_7264

Para rematar a xornada visitamos a Cidade da Cultura onde entendemos a súa arquitectura e a utilidade dos seus edificios .

IMG_7265

Recollida de alimentos

IMG_7273

Xa que este  curso estamos traballando o valor do servizo, implicarémonos agora cos necesitados que están máis preto de nós. Gustaríanos que as nosas familias participen na campaña solidaria de recollida de alimentos non perecedeiros. Cada un, dentro das súas posibilidades, pode traer ao colexio alimentos coma leite, conservas, aceite, azucre, galletas, alimentos infantís, arroz, pasta e produtos típicos destas datas.

Dende o Departamento de Pastoral dámosvos as grazas pola vosa colaboración.

PROXECTO POTTER

DSC_0664

Hai xa máis de 2 meses, os alumn@s de 4º de EP, chegaban emocionados e nerviosos por comezar un novo curso. Neste primeiro día, foron recibidos cunha carta, na que persoalmente se lles daba a benvida ao Colexio Hogwarts de Maxia e Bruxería.

DSC_0619DSC_0618DSC_0405

Poñíanse en marcha dende o Andén 9 ¾ da estación de King Cross e buscaban o seu asento no Expreso de Hogwarts.DSC_0404DSC_0403DSC_0402

DSC_0334

Tras pasar a proba do Sombreiro Selecionador, cada alumno disponse a traballar moi duro pola súa Casa: recetas e pocións máxicas, visita a Privet Drive, celebración de Halloween, Rúa Diagon… Unha longa travesía comeza para eles: coñecer a través das pegadas de Harry Potter as inquedanzas, aventuras e valores dun dos magos máis coñecidos de todos os tempos.

DSC_0596DSC_0577DSC_0574

Quedan moitas probas ao longo deste ano, pero só unha casa, Hufflepuff, Gryffindor, Slytherin ou Ravenclaw… acadará a vitoria e se fará coa Copa das Casas. Que gañe o mellor!

DSC_0311

Día da Milagrosa

Comezamos a semana festexando a Virxe Milagrosa, nosa nai do ceo.

Milagrosa3Milagrosa 1

Reunímonos ante ela para falarlle dende o nosos corazóns, agradecerlle por todo e todos canto nos rodea e pedirlle perdón polos nosos erros. Sempre lembrando que se a María a queres ben non a adores no altar, imítaa!.

Milagrosa 5Milagrosa 7

TALLER DE BELENISMO

10unnamed 4

Os rapaces e rapazas de 1º e  2º da ESO crean as súas propias figuras para o belén do colexio. Organizados en grupos de traballo cooperativo, deseñan e fan as figuras máis representativas do belén nas das materias de Educación Plástica e Tecnoloxía.

º1unnamed 7unnamed 6unnamed 5unnamed 3unnamed 212131198

Magosto

O 6 de novembro  abrimos as portas da horta do colexio para disfrutar dunha tarde de outono .

Todos os cursos dende EI ata a ESO pasamos unha tarde de convivencia e xogos tradicionais para celebrar o día do magosto.

IMG_9133 IMG_9124IMG_9101IMG_9100 IMG_9142IMG_9097

Puxemos en pr áctica o valor do «Servizo», xa que os alumn@s da ESO foron os encargados de dirixir aos máis pequenos  na organización dos xogos e na planificacion da merenda , así como na elaboracion das castañas.
A tradición tamén estivo presente coa  «castaña da sorte» que foi repartida dende 4º de EP ata 4º  ESO, cunhas mensaxes que nos axudaban a reflexionar sobre os valores da vida e da tradición.
imag[2]mag[3]

Educación Infantil

Ola!

O grupo de 3 anos querémonos presentar. Comezamos este curso no Colexio A Milagrosa , onde estamos a vivir novas  e bonitas experiencias coas nosas profes e os nosos novos amigos e compañeiros. Estas son algunhas fotos de distintos  e felices momentos da nosa vida escolar neste Colexio Vicenciano que nos axudará a camiñar polo camiño apropiado.

image

 

 

 

 

image[3]

image[1]image[2]

SAÍDA CULTURAL VIGO-PONTEVEDRA

Os rapaces da ESO asistimos en Vigo ao visionado da película «RED DE LIBERTAD» que narra o vivido por Sor Helena Studler ( Hija de la Caridad) e os compoñentes da súa rede. Salvaron a máis de 2000 personas dos campos de concentración nazis, situados ao norte de Francia durante a  II Guerra Mundial. Entre eles, sábese de François Miterrand e o xeneral Giraud.
Este é o enlace á páxina web da película:
Logo, os rapaces de 1º e 2º da ESO visitaron A Fortaleza, para a continuación xantaren en Samil.
IMG_8832IMG_8994IMG_8995
Pola tarde traballaron por grupos de Cooperativo no Museo VERBUM. Traballo que teñen que expoñer na aula ao longo destas semanas.
Os rapaces de 3º e 4º da ESO xantamos en Pontevedra e disfrutamos das súas rúas e da Praza da Ferrería. A continuación fixemos un percorrido polo Museo Provincial da cidade onde non ensinaron algún dos tesouros galegos alí gardados, as vaixelas máis características de Sargadelos e parte da obra de Castelao.
IMG_8798IMG_8792
IMG_8791
 IMG_8805
  IMG_8809
 IMG_8803IMG_8811
IMG_8814Foi unha xornada moi proveitosa.

San Vicente

2017-10-09-PHOTO-00000009

O pasado mércores, 27 de setembro, todo o noso colexio estivo de festa.

Era un día moi especial para todos nós xa que celebramos o día de San Vicente de Paúl, fundador das Fillas da Caridade e gran amigo noso.

Toda a Educación Infantil e Primaria realizou unha celebración na capela do colexio e a Educación Secundaria unha  Eucaristía de principio de curso, tendo moi presente nas nosas peticións o 400 aniversario do carisma vicenciano.

20170927_1103462017-10-09-PHOTO-000000112017-10-09-PHOTO-00000010

Finalmente unímonos todos creando un gran puzzle con frases do noso fundador.

IMG_4225

E continuando as pegadas de San Vicente de Paúl, ao longo desta semana levamos a cabo  diferentes talleres, onde contamos coa colaboración dos nenos e nenas de Secundaria guiando aos máis pequenos na elaboración dos mesmos.

F7135530-A501-4182-96BA-4A7540F53B73

IMG_490320170928_122549

San Vicente de Paúl

Hoxe, 27 de setembro, celebramos o día de San Vicente, fundador da orde vicenciana.

Toda a comunidade educativa está de festa. Celebración da Eucaristía, talleres para todos os cursos, xogos e cancións…

Nos vindeiros días daremos boa conta do ben que o estamos a pasar.

IMG_4220

Feliz día de San Vicente!