Rematamos as vacacións de verán e comezamos con ilusión un novo curso. Agardan por nós novas experiencias e coñecementos nas aulas para crecer día a día.
Desde a comunidade educativa do colexio, desexámosvos un feliz curso 2017-2018!
O pasado domingo achegámonos a Artes para recoller os premios de poesía que acadaron dous alumnos do noso centro no IV concurso de poesía Asociación Cultural «Albariza» Artes 2017.
Na categoría de 9 a 11 anos, a premiada foi a alumna Candela Fernández Leyenda, cun 3º premio pola obra «Galicia».
Na categoría de 12 a 14 anos o premiado foi José Valiño Vidal, co 2º premio pola obra «A curiosidade».
O centro recolleu unha placa conmemorativa pola súa participación no certame.
Noraboa, rapaces!!!
Os alumn@s do 3º Ciclo de EP remataron o curso cunhas xornadas festivas e culturais.
Visitaron A casa das Ciencias co seu paso polo Planetario,
rematando cunha tarde pasada por agua no Parque acuático de Cerceda.
Ao día seguinte fixeron unha andaina para disfrutar do entorno natural e arqueolóxico do castro de Baroña.
Bo verán a tod@s.
Dende o 27 de maio e con motivo da conmemoración dos 400 anos do Carisma Vicenciano, o taller de Club Creativo, que leva funcionando no centro dende hai varios anos a cargo de José e Paula, comenzou un proxecto para realizar cos alumn@s e así quedar constancia do noso carisma: Servizo.
O noso agradecemento por esta iniciativa e por encher de cor os nosos espazos, e por suposto, por encher de creatividade e ilusión o corazón dos nosos alumn@s.
Grazas!
O noso centro está a colaborar na campaña solidaria de recollida de material escolar dentro do Proxecto «Vicente Fernández», realizada por SOGAPS (Solidariedade Galega co pobo Saharauí) para enviar nas vindeiras semanas aos colexios dos campos de refuxiados de Tinduf. Todas aquelas familias que desexen aportar a súa axuda, poden facelo ata final de curso, momento no que se remitirá á asociación para o seu envío.
Moitas grazas pola súa participación!
Como cada ano os alumn@s de E.P despiden o mes de maio cunha pequena celebración na capela.
A figura de María e un modelo de nai, compañeira, amiga… que tod@s debemos seguir.
Este ano fixemos fincapé no esforzo por conseguir as cousas indo en ocasións máis aló das nosas forzas e non rendirse no camiño.
Os nenos e as nenas de 1º e 2º de Primaria convertémonos en pequenos panadeiros!
Démoslle fin ao mes de maio visitando o Parque da Natureza dos Muíños de Barosa. Alí aprendemos como funcionan os muíños e os fornos de pedra, a súa historia e os procesos da elaboración do pan.
Tamén coñecemos os distintos tipos de cereais, como ao moelos se consegue a fariña e os diferentes ingredientes que leva a masa para elaborar o pan.
Participamos nun taller de amasado de pan onde acabamos todos enfariñados.
Rematamos a xornada, disfrutando durante un bo anaco de xogos ao aire libre.
Cada neno/a trouxo para a súa casa un moletiño de pan de recordo.
Pasamos un día moi divertido!
Esta semana, os alumn@s de 3º e 4º de Primaria desprazámonos ata Teixeiro (comarca de Curtis), onde coa axuda da empresa Pobo Aventura puidemos disfrutar dunha xornada lúdica e didáctica no seu entorno.
Nada máis chegar ao Centro Etnográfico do Mandeo, as monitoras agrupáronnos en 3 equipos: azul, verde e amarelo, e fixéronnos participar nunha competición de rastrexos pola contorna do río Mandeo.
Tras retomar forzas no xantar, contáronnos varias lendas moi interesantes sobre a comarca. E como peche do día, demostramos as nosas habilidades no tiro con arco.