Este ano adicado a Carlos Casares, os nen@s de infantil participamos nas actividades organizadas polo noso colexio .
Para conmemorar a este autor e ás súas obras, como » A galiña azul » , » As laranxas máis laranxas » ou » Lalo anda en bicicleta «.
Os nenos de 5º e 6º de Infantil xa fixeron a súa excursión á Granxa Escola Kirico. O programa escolleito foi “Os alimentos”.
Foi un día moi divertido desde que saímos do cole e subimos ao autobús onde todos cantamos e xogamos ata que chegamos de volta.
Na granxa había varios monitores esperándonos para presentarnos o programa do día:
Foi un día especial e as nosas profes din que nos portamos xenial!
Con motivo do día de Guinea Ecuatorial (18 de abril) tivemos unha celebración para os alumnos de 6º de Educación Primaria e toda a Educación Secundaria. Os nenos e as nenas de 1º da Educación Primaria puxemos o noso granciño de area e expuxémoslles aos compañeiros todas as cousiñas que aprendemos durante a elaboración do proxecto (explicación da bandeira, comida típica, escultores, flora, fauna, vivenda, costumes…) e como broche final representamos unha pequena obra de teatro.
Desta volta disfrutamos unha xornada de diferentes deportes e xogos tradicionais cos compañeiros do CEIP Santa María do Castro de Cabo de Cruz. Foi unha xornada moi intensa e divertida coa que se dou por finalizada esta tempada de XOGADE. Esperamos que as xornadas do próximo ano sexan igual de productivas.
Na clase de 2º de primaria realizamos unha actividade moi divertida: Somos Piratas!
A través dunha páxina web eliximos rutas e imos facendo os exercicios que nos piden. Resulta moi divertido, porque ao acabar unha ruta conseguimos un anaco de mapa, para chegar a un tesouro que se agocha no patio.
Empregamos a aprendizaxe cooperativa para realizar as tarefas en grupo. E as tarefas están deseñadas coas intelixencias múltiples e a taxonomía de Bloom, pero non deixan de ser actividades de lingua castelá de segundo de primaria. Repasamos moitos contidos.
O tesouro eran moedas de chocolate, repartimos unha para cada neno e nena.
O vindeiro domingo conmemórase o Día do Libro, polo que levamos uns días en 3º e 4º de ESO a preparar esta data tan significativa. Quixemos adicarllo ao recentemente desaparecido escritor galego Agustín Fernández Paz. Traballamos cos seus libros «A neve interminable», «Cartas de inverno», » As fronteiras do medo» ou «Corredores de sombra» e profundamos un pouco na súa biografía, obras publicadas, ou premios acadados ao longo de toda unha vida como mestre e narrador. No corredor de Secundaria prepraramos unha pequena exposición coas súas obras e os traballos realizados polo conxunto do alumnado para a ocasión.
Para rematar, este venres fixemos unha lectura para os compañeiros, dun dos capítulos do libro de misterio «A neve interminable».
A toda a comunidade educativa: feliz día do libro!