Visita a Vigo

O alumnado de 3º e 4º da ESO estivemos a semana pasada en Vigo para disfrutar do teatro e da ciencia. Pola mañá asistimos á representación da obra de Federico García Lorca «La casa de Bernarda Alba», unha traxedia rural ambientada nun pobo andaluz de Granada e cargada dun forte simbolismo, onde só aparecen personaxes femininos que reflexan a vida da época e tratan temas tan diversos coma o amor e o odio, as aparencias, a envexa ou os cartos.

Ao rematar fomos ao centro comercial Gran Vía, onde pasamos unhas horas de lecer para despois acudir a unha visita ao Centro Interactivo de Educación Ambiental Naturnova.

Os rapaces puidemos, a través de módulos interactivos, explorar moitos e variados temas de forma activa e lúdica. A información presentouse mediante imaxes  virtuais, obxectos, olores, recreación de ambientes…

2017-01-29-PHOTO-00000002

Á chegada dividíronnos  en catro grupos, facendo un percorrido polo Universo, a nosa galaxia e o sistema solar, para a continuación, introducirnos  no noso planeta. Del puidemos coñecer todos os elementos que condicionan a vida (o solo, a auga, o aire) e tamén os seres vivos cos que compartimos o noso espazo. A visita finalizou coa relación do home e o medio: como utiliza os recursos, como afecta ao entorno o uso destes, e como na actualidade, trata de solucionar os problemas que lle creou.
2017-01-29-PHOTO-00000003

Ricardo Gómez e a literatura xuvenil

Na mañá do mércores pasado achegouse ao centro o autor Ricardo Gómez. O alumnado de 3º e 4º de ESO lemos dúas das súas obras no 1º trimestre: «El cazador de estrellas» e «Diario de un campo de barro», ambas ambientadas en campos de refuxiados, a primeira no deserto do Sáhara e a segunda en Kosovo. Moitas grazas por vir.

IMG_1010

«Gracias a la visita de Ricardo Gómez el pasado miércoles pudimos conocer un poco más de cerca las historias contadas en sus libros. Me pareció una persona muy cercana y agradable, además de aportarnos conocimientos sobre sus novelas, como aspectos de la vida de Nushi o Bachir».

Ana Rita Fernández Piñeiro, 3º ESO

IMG_1011IMG_1014

«A visita de Ricardo Gómez, amosounos que a literatura pode ser un método de difusión de certas realidades que aínda que sexan duras, sérvennos para decatarnos das cousas que están a acontecer, como é o caso destes dous libros. O autor, nesta charla amosounos o seu lado máis xusto e motivounos a que comecemos a escribir e a que nunca deixemos de ler».

Yago Estévez Figueiras, 4º ESO

 

TRABALLAR EN IGUALDADE

IGUALDADE

Os alumn@s de 6º de primaria participaron nos talleres que dende o CIM( Centro de información á Muller) leva realizando nos diferentes centros escolares.

Durante catro sesións, de dúas horas de duración, intentouse concienciar aos nos@s alumn@s da importancia de traballar en igualdade, de romper os esterotipos que nos marca a sociedade e sobre todo de valorar por igual o papel que desempeña a muller na nosa sociedade.

FFOTO

 

Actividades como visualización de pequenos vídeos co posterior debate,clasificar as actividades laborais que se desempeñan por diferentes sexos , elaboración de eslogans , debuxos …puxeron de manifesto as opinións dos nos@s alumn@s e aqueles aspectos nos que debemos mellorar ou seguir traballando para conseguir unha sociedade máis igualitaria erradicando a violencia.

FO

FAIR PLAY

Os rapaces e rapazas da ESO asistimos ao Teatro Principal para disfrutar da obra de teatro en inglés «Fair Play» coa que tivemos a oportunidade de comprobar o noso nivel de comprensión na terceira lingua.
1
Antes visitamos as cubertas da Catedral e disfrutamos das vistas da cidade e da grandeza da mesma.
2IMG_1180IMG_1202
IMG_1201IMG_1186
Os de 3º e 4º fomos darlle un abrazo ao Apóstolo e 1º e 2º visitou a casa-fachada da Praza de Platerías. Logo fomos xantar e voltamos coas enerxías renovadas.

Deporte escolar na Fieiteira

O pasado día 18 de xaneiro os noso alumnado tivo unha nova xornada de deporte escolar no Polideportivo Municipal de A Fieiteira, onde disfrutaron de diferentes deportes xuntos cos compañeiros e compañeiras do  CEIP Palmeira. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física que serviu tamén para coñecer a nenos e nenas do colexio de Palmeira, así como promover os valores do deporte como respecto, igualdade e compañeirismo.

IMG_3682 (1)IMG_3678

VISITA A SANTIAGO

O 11 de xaneiro os alumn@s do terceiro ciclo de primaria tiveron unha xornada educativa moi intensa, onde participaron activamente en todas as actividades .

A primeira visita foi á catedral de Santiago onde tod@s abrazaron ao apóstolo Santiago e contemplaron o Belén que aínda estaba exposto.

IMG_2878IMG_2879

A continuación asistiron á obra de teatro “ Fair play” que resultou moi divertida para tod@s .

Por último achegámonos á Cidade da Cultura onde nos esperaban para darnos a coñecer a vida de Camilo José Cela e a súa importancia dentro do mundo da literatura.

IMG_2877IMG_2876IMG_2874

A arte do Nadal

Un ano máis, os nosos pequenos artistas puxeron toda a súa creatividade, esforzo e ilusión no concurso de postais de Nadal.  Aquí vos deixamos unha mostra das seleccionadas en Primaria. Parabéns e un millón de grazas a todos por participar!

img_3606

Laura Orellán Escudero 1º EP

img_3607

Noela Torres Ayaso  3º EP

img_3605

Xerardo Tarrío Ageitos 5º EP

EU SEI QUEN SON

Os rapaces e rapazas de terceiro e cuarto da ESO visitamos a exposición da sala Lustres Rivas adicada a Cervantes.
Nela desfrutamos dos gravados que Dalí fixo sobre O Quixote e das láminas de diferentes autores galegos sobre o mesmo tema, entre eles Laxeiro, Sucasas e Alfonso Costa.
img_0708
img_0707

Campo a través

O pasado día 2 de decembro, realizouse no complexo deportivo de A Fieiteira a carreira de campo a través “II Memorial Vicente Fernández” onde os nenos e nenas do noso colexio, dende terceiro ata sexto de primaria, pasaron unha xornada deportiva apaixoante participando con alumnado de outros colexios da zona, onde o máis destacable foi o gran ambiente vivido nesta festa do deporte.

jjkk

Virxe Milagrosa

 

img-20161124-wa0002

O pasado 27 de novembro celebrouse a Virxe Milagrosa, ela foi quen nos convocou  na capela.

Nunha sinxela celebración recordamos a Historia da Medalla. Comezamos, como xa é costume,  coa Imposición da Medalla Milagrosa aos nenos de 4º de infantil e aos novos nenos chegados este ano.  Tamén tivemos importantes momentos cargados de significado como foi a lectura da Palabra, as cancións e a petición das grazas.

img-20161130-wa0001img-20161130-wa0002

Todos disfrutamos e lembramos estes acontecementos tan importantes e cargados de significado para cada un de nós… Estamos seguros que a mensaxe da Medalla seguirá sendo transmitida de xeración en xeración.