A Fiestra de Cooperativo

 

Dende que arrancou este curso, todos os alumnos do centro fomos cooperando para dar boa mostra dos nosos traballos dentro da aula.
A través das estruturas de cooperativo, somos quen de aprender de xeito máis dinámico, sen esquecernos de axudar aos demais.
A semana pasada contamos cos traballos de 4º de ESO. Nesta, serán os máis pequenos de primaria os que tomen o relevo e fagan o seu debut na Fiestra.
IMG_20200127_100648

Obradoiros de lingua

Unha das actividades lúdicas e de aprendizaxe máis interesantes que traballamos ao longo do curso de 3º de ESO son as tardes que adicamos aos Obradoiros de Expresión Oral.

IMG_1150

Imaxinación, orixinalidade, investigación e moito traballo detrás dan como resultado exposicións nas que eliximos temas actuais e que nos interesan como mozos e mozas de hoxe.

IMG_1154

Cos nosos deportes favoritos, o baloncesto e o fútbol, afeccións como a pintura á acuarela ou o cine, o Ciberbullying , os coches híbridos e problemáticas adolescentes,  comezamos esta semana a nosa rolda de exposicións orais.

E como desexo para as vindeiras sesións, lembramos o final da exposición sobre Star Wars: «Que a forza vos acompañe sempre!»

IMG_1148

Día do xoguete

Os nenos de Infantil do noso colexio celebramos o Dia do Xoguete como vimos facendo dende fai uns anos despois das festas do Nadal. Os alumnos elixiron un dos xoguetes deste Nadal e trouxéronno á aula, xoguete que compartiron cos seus compañeiros e o finalizar o dia levárono para a casa.

IMG_0533

O xogo e o xoguete son un medio de aprendizaxe e de interacción co medio para nenos e nenas desta etapa. Posibilitan a aprendizaxe de regras básicas, aceptación das normas, fomentan o desenvolvemento dunha actitude crítica, o coidado e a valoración cara os xoguetes que traemos…

IMG_052420200111_151858

Os xoguetes  axúdanos a afianzar os seus coñecementos e aptitudes, e xogar en grupo axúdalles tamen a relacionarse. Socialmente, a facer concesións mutuas, a negociar, a ser xenerosos e amables.

IMG_0553

A actividade resultou moi gratificante e os nenos felices de mostrar os seus xoguetes , compartilos e desfrutalos cos seus compañeiros.

IMG_20200110_150507IMG_20200110_155134

Campo a través

O pasado venres 17 de xaneiro tivo lugar no Estadio Municipal de Fútbol Julio Mato “Matito” en Noia a fase intercomarcal de campo a través en idade escolar. O noso colexio tivo unha moi boa representación con dous alumnos, Simón Ageitos Somoza e Telmo Reino Pérez e unha alumna María Muñiz Rama nas súas correspondentes categorías.

TelmoMaría

Aínda que o posto é o de menos e o importante é participar, o noso alumno Simón clasificouse para o campionato provincial de campo a través que terá lugar no mes de marzo en Carballo. 

Simón

Noraboa ós tres. 

Como vén sendo habitual  ao rematar o trimestre a Comunidade Educatica celebra o Nadal en familia.
Durante dous días os alumnos amosan as súas creacións artísticas  para deleite de pais, avós e mestres.

IMG-20200115-WA0007 (1)
O broche final foi a Eucaristía da Familia na que  se contou cun gran número de asistentes , contando coa participación do alumnado de diferentes etapas.
Os alumnos de E.I.  iluminaron o altar ao inicio da celebración co anuncio da Estrela de Belén e as nais ofreceron a inocencia dos máis pequenos como símbolo do neno que nace en Belén .

IMG-20200115-WA0010IMG-20200115-WA0013

 

Para rematar os alumnos da ESO  presentáronos o Nadal como acollida e agradecemento ás familias pola súa colaboración na Campaña de recollida de alimentos.

IMG-20200116-WA0030

IMG-20200116-WA0029

IMG-20200116-WA0002

IMG-20200120-WA0002IMG-20200120-WA0004

OS PROXECTOS DE ROBÓTICA

f75bc0dc-d869-44f6-823f-9ffa3565017e

Os alumnos e alumnas de Robótica de 3º e 4º de EP xa rematamos o noso primeiro proxecto: » o coche Speedy «. E como remate de trimestre saímos ao patio para comprobar cal é o máis veloz!

20b17951-7ac5-4e15-b2e0-ae01be97339e2c054598-5109-4614-967a-a6a1351d1b71

Como desfrutamos!

Nesta semana comezamos a nosa viaxe á lúa!

O noso 2º proxecto «Misión a la Luna» consiste na construción dun vehículo robotizado (Rover) para a exploración espacial.

Vainos quedar xenial!

POTTERMANÍACOS

Aproveitando os últimos días, profundamos no coñecemento das criaturas máxicas.
Con moito esforzo e concentración, cada alumn@ foi creando o seu bowtruckle e aprendendo un pouco máis sobre este gardián dos bosques.
IMG_20191217_110206IMG_20191217_110212