Coma todos os anos nestas datas, poñemos en marcha a Campaña de recollida de alimentos. Dende o día 1 de decembro ata o 20 do mesmo mes, poderedes aportar alimentos non perecedeiros. Estes alimentos serán entregados ás familias,coas que colaboramos durante todo o ano. De antemán agradecemos a vosa xenerosidade e solidariedade.
Autor: Editor
Grecia e Roma
Despois de levar case dous meses da materia de Cultura Clásica , os alumnos de 3º da ESO fixemos unha viaxe polas antigas civilizacións: Grecia e Roma. Ámbalas dúas nos deixaron un gran legado histórico e cultural… tanto que as nosas ideas sobre política, medicina, arte etc, son en grande parte herdanza destas dúas civilizacións. Por iso, quixemos facerlle unha pequena homenaxe representando o que máis nos chamou a atención destas dúas culturas.
Día Internacional contra a violencia de Xénero
Cada 25 de novembro celebrase o día Internacional contra a violencia de Xénero. Este tipo de violencia segue sendo,a día de hoxe, unha das principais lacras da nosa sociedade; por iso no noso afán de potenciar nos alumnos os valores que nos farán mellores persoas e mellores cidadáns do futuro, está a concienciación e sensibilización para que saiban detectar e combatir os diferentes tipos de agresións,non só físicas senón tamén verbais e psicolóxicas,que son o primeiro paso da violencia de xénero. TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO COLEXIO DI E DIRÁ NON A VIOLENCIA DE XÉNERO.
TRABALLAMOS XUNTOS EN 2º DE PRIMARIA!
PEQUENOS CIENTÍFICOS
Aproveitando a Semana da Ciencia, os alumnos de 3º e 4º de Primaria, desprazámonos ata a Coruña, a cidade de cristal.
Alí, vímonos rodeados de cultura polos catro costados, e puidemos disfrutar de dous dos seus principais museos: O MUNCYT e a Domus.
Durante a mañá, visitamos o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. Coa axuda dos nosos guías, levamos a cabo un experimento que nos axudou a valorar a importancia da auga potable. Durante a nosa estancia, tamén puidemos coñecer os famosos robots do museo, Pepe Xan e Mari Luz; e viaxar a bordo do BOEING 747 encargado de traer o Guernica a España.
Tras o xantar, desprazámonos ata a Domus, onde puidemos manipular diferentes maquetas e asistir a unha representación en 3D da película “Pequenas criaturas”.
Foi un día de gran proveito!
Carreira solidaria Save the children
Como cada ano o 20 de novembro recordamos o Día dos Dereitos do Neno colaborando coa ONG Save the Children.
Este ano sensibilizámonos coa importancia que ten a auga nas nosas vidas e da que moitos carecen.
Participando na carreira escolar Quilómetros de Solidariedade queremos axudar a que milleiros de cativos e cativas teñan acceso á auga potábel, a unha alimentación axeitada e a unha educación.
Cunha aportación de 4 euros un rapaz recibe material para seguir estudando, con 7 euros, ten auga potábel nunha escola durante un mes e con 17 euros un neno come no colexio durante un mes.
Tod@s os alumn@s do colexio convertémonos en gotas de auga e, gota a gota logramos levar un pouco de alegría e axuda a aqueles rapaces que máis o necesitan.
Grazas a tod@s por colaborar.
Festa do Magosto
Coa chegada do outono a castaña convértese na protagonista das nosas actividades escolares,xunto con outros froitos desta época.
O mércores o magosto converteuse na actividade estrela , onde os alumn@s de Infantil e Primaria degustamos unhas deliciosas castañas na horta do colexio disfrutando dunha tarde espectacular en compañía dos nosos compañeiros e mestres.
PROXECTO ESTADOS UNIDOS: ELECTION DAY
Durante estes últimos días, os alumnos de 1º de E.S.O. demos comezo ao noso proxecto sobre Estados Unidos. Dende a área de Xeografía e Historia, traballamos en pequenos grupos o funcionamento do sistema electoral e coñecemos o programa de goberno dos principais partidos: Demócratas e Republicanos.
Tras este primeiro achegamento, analizamos os pros e os contras de cada un dos candidatos. Os rapaces presentaron as súas opinións e sinalaron con que tendencia se sentían máis identificados.
Como peche da actividade, cubrimos o noso documento de cidadáns americanos e depositamos o noso voto.
Quen será o próximo residente da Casa Branca?