A RITMO!

 

Dende que deu comezo o mes de xuño, as clases de Música de 2º de E.S.O. tomaron un xiro diferente.

Cada semana, a ritmo de zumba, ou de ballet galego, enfrascámonos no coñecemento e na prácticas de diferentes tipos de danzas.

_20160614_194114

Grazas á colaboración da profesora Sara Fernández (membro do grupo de ballet galego Aires de Dorna), os alumnos disfrutaron dunhas xornadas diferentes e únicas.

RUMBO A BAIONA

 

O 27 de maio, os alumnos de 3º e 4º de Primaria finalizaron o seu proxecto sobre Cristóbal Colón cunha saída a Baiona.

_20160527_201514

Alí, puideron coñecer de primeira man a recreación da carabela na que viaxou Martín Alonso Pinzón de volta a España, e as dificultades que xurdiron no seu regreso.

Ao chegar ao Museo da Navegación, continuamos afondando nas vicisitudes que aconteceron durante o descubrimento, e a importancia de Baiona no mesmo.

_20160614_200757_20160614_173126

Á hora do xantar, acompañounos o bo tempo e disfrutamos da paisaxe de Baiona dende o mirador da Virxe da Rocha.

_20160527_200658_20160529_000212

Antes de voltar á casa, fixemos unha pequena andaina arredor da Fortaleza de Monte Boi. Foi unha gran experiencia!

Party Craft

Chegamos ao final dun novo curso, e toca facer balance do traballado ao longo de todo este ano.

Botamos unha ollada atrás e presentámosvos algún dos traballos que os nosos nenos foron realizando na actividade de Party Craft.

O noso lapis                                                            As boliñas de ganchillo

  As boli+¦as de ganchillo       O noso lapis

Regalo do D+¡a da Nai

                                                     Agasallo do día da Nai

Estrela de ganchillo                                                                             Un Minion lapiseiro

Un minion lapiseiro

Estrela de ganchillo

SAÍDA CULTURAL A MADRID

PRIMEIRO DÍA:

Despois dunha agotadora viaxe en autobús e de repoñer forzas no hotel, visitamos o Museo do Prado. Alí disfrutamos dos cadros de Velázquez e contemplamos algunha pintura do Greco e de Rubens.

la fotoIMG_1237

Logo fixemos unha visita panorámica polo Madrid dos Austrias, rematámola cunha camiñata, xa que se xogaba a semifinal da Champions League entre o Manchester City e o Real Madrid e estaba imposible o tráfico. Rematamos ceando no Hard Rock Café.

IMG_1252

SEGUNDO DÍA:

Foi a xornada máis esperada estivemos no Parque de Atraccións. Disfrutamos da Tarántula, da casa do terror «Walking Dead», do Simulador de carreiras de coches, da caída libre,…

Ao chegar ao hotel amañámonos e dirixímonos á rúa do teatro vello Alcalá onde disfrutamos do musical SISTER ACT. Estivo sublime, fantástica a posta en escena, espectaculares as voces….

TERCEIRO DÍA:

Erguémonos cun mal día, polo que logo de almorzar dirixímonos a Astorga onde comemos e puidemos ver a Catredral de Santa María e o Palacio Episcopal.

IMG_1316

Estivemos de regreso en Oleiros á medianoite.

Excursión a Vigo. 5º e 6º de Infantil.

Os nenos de 5º e 6º de Infantil fomos de excursión de fin de curso a Vigo. Visitamos o porto, onde estaba atracado o gran Cruceiro Queen Victoria, deixounos impresionados polo seu grande tamaño!

20160602_111423

20160602_11201720160602_112049

Posteriormente visitamos o Zoo, e pasámolo moi divertido vendo os distintos animais.

20160602_15202220160602_15424920160602_121643

Foi un dia que recordaremos con moita ledicia.

Celebración fin mes de maio

O pasado 31 de maio a etapa da Educación Primaria celebrou unha procesión na honra da Virxe.

DSCN0530DSCN0532

A procesión rematou cunha celebración na capela do colexio na que os nenos tiveron unha participación moi activa, cantando,recitando poesías e realizando promesas.

DSCN0544

DSCN0534

Casa Grande de Xanceda 1º ciclo de Primaria

O pasado mércores 11 de maio, estivemos cos nosos alumnos de 1º ciclo da Primaria na Casa Grande de Xanceda e na Aula da Natureza de Brañas de Valga, en Mesía.

IMG_8635IMG_8663

Os alumnos pasárono xenial visitando aos animais, déronlles de comer e puideron estar en contacto con eles en plena natureza.

IMG_8701IMG_8580

Tamén participaron  en talleres, como os dos comedeiros de paxaros e as figuras de barro, experimentaron e manipularon diversos alimentos para animais  e comprobaron como se fan os iogures que comen habitualmente.

20160511_134452

Disfrutaron de moitas actividades ao aire libre e tamén tiveron tempo de lecer. Foi unha experiencia moi gratificante para eles, difícil de olvidar, con moitas cousas para contar. E o seu comportamento foi excelente, GRAZAS RAPACES!

20160511_12053020160511_160647

Aquí vos deixamos algunhas imaxes deste día tan especial.

IMG_8624 - copiaIMG_8653

Despois da ponte os alumnos do 1º ciclo da primaria chegaron con moitos folgos, fixeron  un pequeno taller  para ir de tendas e repasar vocabulario e expresións traballadas na clase co mundo do comercio. Tanto clientes como dependientes mostraron as súas habilidades  que serviron para perder o medo a expresarse en público.

IMG_2935IMG_2931IMG_2929

IMG_2934

Nas clases de Speaking con Stacie os nenos  van amosando a súas destrezas en Listening e Speaking dun xeito máis ameno e dinámico, o obxectivo das mesmas é onde renovar, motivar e impulsar a aprendizaxe do idioma Inglés.

20160406_15354720160406_15355220160406_153541