Castelao Artista

O día das Artes galegas 2016 está adicado a Castelao.

IMG-20160419-WA0005

Foi por iso, que 3º e 4º de ESO decidimos achegarnos a Pontevedra, para despois de estudar a figura do rianxeiro, poder desfrutar tamén da súa obra gráfica.

No Museo Provincial, onde está aberta ao público a exposición «Castelao Artista», uns guías comentaron e explicaron os debuxos, caricaturas, óleos… que o polifacético autor ten alí expostos.

20160415_113119

E xa na rúa, desde o departamento de Normalización Lingüística do concello de Pontevedra, realizamos un percorrido polas rúas da zona vella, onde vimos os cruceiros, prazas, escudos e lugares relacionados coa obra de Daniel Castelao.

IMG-20160419-WA0002

Foi un día fermoso, no que a chuvia nos acompañou ata que voltamos á casa.

A horta de Infantil

20160407_151206

Coa chegada da primavera as clases de infantil decidimos preparar a nosa horta e vimos moi enriquecedor involucrar aos nenos e ás súas familias.

IMG_0448IMG_0448

 

IMG_0445

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os nenos de 4º de infantil encargáronse de traer as plantas con flor, os de 5º as hortalizas e os de 6º plantas aromáticas.

IMG_2472

IMG_248620160407_153427

Música en vivo

Este venres, os alumnos de 4º de Primaria recibimos unha visita moi especial que nos deixou a todos abraiados.

Noemí Otero, a nosa compañeira de 2º de ESO, deunos un pequeno concerto co seu clarinete e explicounos as peculiaridades deste instrumento.

tmp_2870-20160415_100717-963519004

Deste xeito, profundizamos un pouquiño máis no noso proxecto da orquestra sinfónica.

tmp_2870-20160415_100708-1345353023

GRAZAS Noemí pola túa colaboración!

Mercadillo Solidario

 mercadillo solidario
  Dende hoxe, día 18 de Abril o “Mercadillo Solidario” abre as súas portas para  tod@s aqueles que queiran axudar e colaborar no proxecto de ampliación do Fogar Vicenciano para maiores  dependentes, que temos en marcha en Guinea Ecuatorial dende hai moitos anos. Grazas á colaboración de tod@ somos capaces de facer a vida un pouco máis sinxela a aqueles que máis o necesitan.

COLABORA!!

la-foto-2-300x225la-foto-3

 

 

 

 

Os horarios de apertura serán os seguintes: alumnos  durante os recreos e para o resto de público de 12:45 a 13:15 e de 17:30 a 18:00

O MUNDO DAS PLANTAS

 

Os alumn@s de 2º de E.P. traballamos o mundo das plantas dende os elementos que necesitan para poder vivir, como as súas partes.

ANEXO 1

A medida que íamos avanzando pasamos por clasificalas en aquelas que son cultivadas ou silvestres, para máis adiante ver os diferentes tipos de plantas e os seus coidados.

ANEXO 2

Rematamos a actividade coa plantación de leitugas, pementos, fresas, puerros e calabacíns na horta do colexio e que iremos coidando ao longo desta estación.

ANEXO 3

IMG_2495IMG_2498IMG_2481IMG_2438IMG_2475IMG_2451IMG_2452


IMG_2500IMG_2467 (1)
IMG_2456


IMG_2490

 

«A intelixencia aliméntase de saber cousas». Manuel Núñez Singala.

20160412_163546

Instrucións para tomar café,  a obra de relato curto de Manuel Núñez Singala, serviunos a 3º e 4º de ESO como escusa para pasar unha tarde falando de libros, literatura, lingua e costumes de noso e doutras culturas.

20160412_161303-1

O profesor, sociolingüista e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago, achegouse ata Oleiros e compartiu connosco reflexións sobre a diversidade, a liberdade, a empatía cos que son diferentes a nós, a autoestima dos galegos coma pobo, a importancia do amor pola lingua, a necesidade de aprender, de mellorar, de coñecer… sen necesidade de elixir.

20160412_16445520160412_164843

Antes de marchar, asinounos algúns dos exemplares do seu libro, e adiantounos o título da súa nova novela: Camiños na auga.

Grazas pola visita.

Un pracer.

Cociña creativa!

?????????????

Estamos no tempo de Pascua e dende o taller de Creative Cuisene quixemos facerlle un guiño a estas datas preparando os nosos coellos de Pascua e decorando con creatividade e imaxinación os nosos propios ovos.

20160405_171240

20160406_171224

Aquí tendes unha pequena mostra do traballo realizado, onde se combina a perfección a tradición e a innovación:

20160405_170204

20160406_170003

O MUNDO DA EMPRESA

IMG_2337 (1)

 

Para coñecer máis de preto o mundo  empresarial ,os alumn@s de 6º de E.P.  contaron coa visita dunha empresaria coñecida da súa comarca que dá nome a empresa «Juandejuana».

Puideron ver na súa persoa características dunha gran emprendedora que no ano 68 comenzou a  súa andaina empresarial .

IMG_2333

A súas iniciativas, acompañadas dunha gran creatividade ían respaldadas pola súa perseverancia e en crer en todo o que facía sempre con  traballo e esforzo , baixo o lema “ Vive e deixa vivir”.

IMG_2341

Os alumn@s disfrutaron da actividade e sorprenderon con moitas, variadas e inxeniosas preguntas.

Visita da BRILAT

 Ramón  Aliseda, pai de alumnas do noso centro, e tamén sarxento da BRILAT (Figueirido),  visitou aos alumnos de 4º da ESO para falarlles da súa experiencia profesional en misións humanitarias en Kosovo e Afganistán.

photo 1

Respondeu tamén a moitas dúbidas que xurdiron durante a charla, relacionadas co día a día na base de Figueirido, estudos realizados, promoción interna…etc.  Asímesmo, os alumnos mostraron moito interese en coñecer a situación da poboación civil en lugares de conflito bélico e tamén en relación ás posibilidades de titulación dentro do Exército.

photo 2

photo 3

Moitas grazas pola visita!

Foi moi interesante!

A CIDADE

IMG_0221

Os  alumn@s de 2º de E.P. traballaron a cidade dende os edificios máis significativos e as funcións que estes desempeñan ata  as profesións que nela se realizan tanto públicas como privadas.

IMG_0225IMG_0216