Magosto no San Martiño

Con motivo da festividade de San Martiño celebramos o tradicional magosto na horta do noso cole. Durante a tarde participamos en diferentes xogos, asamos e comemos castañas disfrutando dos nosos compañeiros nunha tarde soleada. Que boas estaban!

7176057  7176077

71760717176052 (2)

Os nenos de infantil luciron sorrintes as manualidades que eles mesmos elaboraron na semana previa.

71760657176061

Fomentando a creatividade

Presentamos Party Crats, unha actividade nova na que xa se empezan a ver os resultados. Nela os nosos alumnos e alumnas desenrolan a creatividade, creando coas súas mans.

Traballar con goma eva e co ganchillo é moi divertido!

717060971706267170642

Campaña SOS Sahara

IMG-20151103-WA0000

Moitísimas grazas a todos os que colaborastes na campaña de axuda ao pobo saharauí tralas recentes inundacións nos campos de refuxiados.

IMG-20151103-WA0005

Á comunidade educativa, mestres e alumnos,  parabéns pola celeridade en atender esta chamada de urxencia. A Media Luna Saharaui xa ten ao seu dispor a colaboración do colexio A Milagrosa, e continúa no seu labor de asistencia á poboación afectada. En nome de SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) e de todo o pobo saharauí: SHUKRAN!

Grandes músicos

7139272

Tras un mes de clases, o esforzo e traballo dos nosos rapaces e rapazas comeza a dar o seu froito. A través de dúas vías: a da linguaxe musical e a dos acordes, os nos@s alumn@s van adquirindo novas destrezas no dominio deste instrumento.

Outono narrativo

 2º EP_2

20151020_103300

Nesta época do ano facemos camiñar as nosas letras polos vieiros da imaxinación. Fixemos varias creacións das que nos sentimos moi orgullosos e quixemos compartirlas cos máis pequenos.

Títulos coma:   “  Pingas de choiva e un cogomelo”

“ A mazá e o marmelo”

“ O vento e tres follas secas”

IMG-20151027-WA0002IMG-20151027-WA00004º EI_1

Cibermáticos

Dende hai unhas semanas comezamos o taller de informática para os máis pequenos do colexio: “Cibermáticos” ,onde pretendemos que os nosos alumnos vexan os ordenadores como unha ferramenta de aprendizaxe e non só de entremento.Ademais queremos que desenrolen a súa competencia dixital dentro das Tic´s,que é tan precisa nesta sociedade da información na que vivimos.

7104767

7104760

7104755

S.O.S. SAHARA

 

CARTEL2
A vindeira semana imos poñer en marcha unha campaña de axuda de emerxencia en favor dos campamentos de refuxiados saharauís. Recentementente a raíz das chuvias torrenciais que caeron sobre a zona, producíronse unhas inundacións que agravan aínda máis a difícil situación na que se atopan no exilio do deserto, pois perderon as escasas pertenzas que tiñan. Os titores xa comezaron coa sensibilización do alumnado transmitíndolles a información da campaña. O vindeiro martes continuaremos con encontros e charlas cunha  mestra do noso centro, que viaxará en decembro aos campos de refuxiados. Os rapaces recibirán unha tarxeta co seu nome para colocar logo nun mural. A recadación ingresarase nunha conta aberta pola SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) a este efecto, para ser transferida á Media Luna Roja Saharaui.
Agradecemos  toda a súa colaboración.

Cabeza de Cabaza

Estamos no Samaín, e os alumnos e alumnas de 4º de ESO quixemos preparar unha sorpresa para os máis pequenos. Unha sorpresa que mete medo!!!

71069027106916

Decidimos ler e dramatizar «Cabeza de Cabaza» de Frank L. Baum nunha adaptación preparada pola nosa mestra de galego. Todos e todas participamos dalgún xeito, como narradores, actores e actrices, extras, técnicos de son e animación…en fin… o resultado non puido ser mellor e os pequenos de Infantil e 1º e 2º ciclo de Primaria quedaron encantados…do susto!

71069187106895

Aquí vos deixamos unha mostra do que foi a mañá de onte.

20151028_11423220151028_12112520151028_12094020151028_12092320151028_12102720151028_12105820151028_121027

Cociñando no Samaín

Coa chegada do Samaín , dende o taller de Creative Cuisene quixemos adicarlle esta semana as nosas receitas a esta ancestral celebración. @s cociñeir@s do primeiro ciclo fixeron unhas receitas máis doces e os chefs do segundo ciclo decantáronse por algo máis salgado. Aquí tedes unha pequena mostra dos seus pratos.

7104621

?????????????

710462971046237104638

Investigación e farmacia

A semana pasada os rapaces da ESO participamos nun traballo de investigación chamado «Medida de presión arterial en adolescentes: educación sobre factores de riesgo cardiovasculares» coa «Sociedad Española de Farmacéuticos Comunitarios» (SEFAC).
Ademais do valor da presión arterial en adolescentes, para facer o estudo anotaron o sexo, idade, peso e talla dos participantes e pasaron unha pequeña enquisa sobre os hábitos de alimentación e actividade física ademais de darnos un consellos sobre hábitos de vida saudable.
O obxectivo desta investigación é contribuir á mellora da educación para a saúde dos adolescentes no ámbito do sobrepeso e o risco cardiovascular.
Foi algo diferente xa que á maioría de nós nunca nos tomaran a tensión.

la foto 1

la foto 2 (1)