Rumbo ás Indias

Fai uns días, e con motivo do aniversario do Descubrimento de América, os alumn@s de 4º de Primaria demos comezo a un novo proxecto que pretende axudarnos a coñecer a figura de Cristóbal Colón.

Dende os seus inicios como comerciante, pasando pola decisión de emprender un viaxe ás Indias pola ruta do oeste, ata o seu encontro cos Reis Católicos… Serán puntos clave no noso Libro de Colón que finalizará no mes de xuño.

Nestas primeiras sesións, presentamos a figura de Colón e a dos Reis Católicos, personaxes clave nesta hisotira; e comezamos a deseñar a ruta de viaxe.

Boa travesía, navegantes!

7103961710394671039367103924

Ciencia e muller

“A Señora Anxos Alvariño. Oceanógrafa mundial”

7098183

Hoxe o Centro de Información á Muller do Concello de Ribeira puxo en marcha un programa de coeducación ao cal asistimos os nenos e as nenas de 2º de primaria.

Consistíu nun contacontos e obradoiro de debuxo que xiraba arredor da  científica galega, Anxos Alvariño, figura da oceanografía mundial, descubridora de especies e muller pioneira no mundo da ciencia e da investigación.

O obxectivo desta xornada era divulgar e poñer en valor aspectos da vida e obra desta científica galega, dende un punto de vista lúdico e apto para todos os públicos. Desenvolver a comprensión oral en galego das nenas e dos nenos na parte da narración oral e na posta en común, así  como potenciar a creatividade artística e tamén a autoestima e personalidade na parte do obradoiro.

7098174

7098170

Botando unha ollada atrás…

Parece imposible, pero sin darnos conta xa ai aló un mes daquel primeiro día de clase.

Moitos atopábanse inquedos, outros adurmiñados, pero todas as súas caras amosaban un ápice de ilusión por aquel curso que estaba a piques de comezar.

Estas imaxes permítennos rememorar un primeiro día cheo de esperanzas e de propósitos que esperamos se vexan cumplidos en cada un dos nosos alumnos.705816370581587058153705814670581447058171705813970581407058142

 

 

 

 

70581707058167

19 de outubro

O noso centro quere sumarse un ano máis a loitar contra o cancro de mama.Quixemos facer presentes a todas esas loitadoras que lle fan frente a enfermidade con optimismo. Un lazo nos une con todas elas: nais, avoas, irmás, amigas… .Non estades soas,todos xuntos faremos a loita más levadeira.

7057560

?????????????

Taller «Creative cuisine»

Hoxe inauguramos o taller de «Creative Cuisine» cos nosos pequenos chefs de primeiro e segundo de Primaria. Estaban moi nerviosos durante a elaboración da súa primeira receita coma cociñeir@s. Aquí vai unha pequena mostra do elaborado.

70427127042709

70427187042716

A  Escola  Creativa  que Queremos

 

69952726995290

As historias son unha fonte inesgotable de imaxinación e creatividade, que permite ao neno abrir a súa mente a paraxes e aventuras insospeitadas. Por esta razón, cada titora buscou un conto que decorase a súa porta e que invitase aos seus alumn@s a formar parte dun entorno de creatividade e cooperación.

6995301699530869953236995332

Deste xeito, as nosas portas e corredores, convertéronse nesas páxinas vivas que queren facer da lectura un placer para @s nen@s.

6995153

699514469951326995149

Ao longo deste ano, pretenderemos favorecer ese clima de orixinalidade e innovación que permita aos alumnos afrontar riscos e ser quen de innovar ante as dificultades que se presenten.

Para iso, contamos coa colaboración de todo profesorado, que dende as distintas materias e enfoques irá implicando o conto correspondente no noso día a día, e axudándonos a velo con outros ollos.

699516369951786995199699520469952146995222

“El amor es creativo hasta el infinito”. San Vicente de Paúl.

 

   6993520

Este luns 28 de setembro, celebramos a festividade de San Vicente de Paúl.  Quixemos facelo lembrando esta frase que el pronunciou.

A Educación Infantil visitou a capela do colexio e realizou diferentes actividades para traballar a vida de San Vicente.

6993378 (1)6993377

 

A Educación Primaria realizou unha celebración na capela do colexio, na cal todos os cursos presentaron un símbolo do traballado nestas xornadas (Creatividade) e un compromiso para este curso.

69934916993508

 

 

 

 

 

Novo curso escolar

A toda a comunidade educativa do colexio A Milagrosa:

E xa botamos a andar un novo curso, polo que queremos darvos a benvida a todos e todas. Que as nosas  ilusións e forzas nos axuden a cumprir os obxectivos, que o curso que agora comezamos nos prepare no camiño de aprender, que o exemplo de San Vicente e Santa Luísa nos acompañe sempre.

Feliz curso 2015-2016!

16002957_w9W1v

Fernando Pessoa.