PRIMEIRO DÍA:
Despois dunha agotadora viaxe en autobús e de repoñer forzas no hotel fixemos a visita á cidade de Tarragona. Alí disfrutamos das pegadas que deixaron os romanos na antiga Tarraco.


SEGUNDO DÍA:
Cun bo madrugón, puxemos rumbo á cidade de Barcelona. Cunha primeira parada nas Cavas de Freixenet, aprendemos as técnicas para lograr un bo viño espumoso. A bordo do tren, percorremos as infraestruturas novas de produción. Tras un cata de mosto, e un pequeno descanso, dirixímonos ao Aquarium. Nunha rápida visita, mergullámonos nas profundidades dos diferentes océanos, disfrutando especialmente do tanque dos pingüinos. A bo paso, rodeamos o Monumento de Colón e subimos polas Ramblas para facer unha parada técnica no Hard Rock Café. A bordo do autobús, percorremos os principais puntos emblemáticos da cidade, prestando especial interese á Sagrada Familia e a Montjuic.




TERCEIRO DÍA:
Foi a xornada máis esperada estivemos en… Port Aventura. Disfrutamos do Furius Baco, Stampida, Dragon Khan, Shambhala… e eliximos algunha actuación para ver, coma o Aloha Tahití ou o Bubblebon. Hai 20 anos que abreu as súa portas e están de celebración. Pecha cada día cun desfile no que participan todos os bailaríns do parque e as personaxes de debuxos animados cos que podes sacar fotos durante todo o día.
Ao chegar ao hotel démonos un chapuzón na piscina e logo da cea disfrutamos da discoteca do hotel ata a unha da mañá.

CUARTO DÍA:
Neste día percorremos a desembocadura do Ebro nun catamarán. Ollamos as diferentes paisaxes ao longo do río. Puidemos apreciar as dúas illas formadas logo das crecidas: a Illa de Buda e a Illa de San Antonio. Xa a pé, visitámolo miradoiro que nos permitiu ver dunha ollada todo o Delta.
A tarde transcorreu chea de diversas actividades que puxeron a proba o espírito aventureiro dos nosos alumnos: rutas de quad, tirolina, escalada, tiro con arco… foron a guinda final para a nosa viaxe de estudos



Quinto día:
Saímos moi cedo, logo de almorzar cara o «Monasterio de Piedra». Alí puidemos disfrutar do mosteiro coma do parque natural que o rodea, que nos deixou abraiados coa súa beleza.

Chegamos ao cole xa de madrugada, moi cansos pero coa maleta chea de vivencias.