Festival da Canción Misioneira

O Coro do colexio, que está integrado por alumnos e alumnas dos cursos de 3º de Primaria ata 4º da ESO, participamos este sábado 21 de marzo na edición XXVI do Festival da Canción Misioneira. O encontro tivo lugar no colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras e a profe Sara preparou con nós «Sobreviviendo». Foi xenial!

la foto

«O autobús da selva»

Os nenos /as do primeiro ciclo da primaria comezámolo mes de marzo dun xeito divertido xa que o luns tivemos unha tarde de contacontos, onde a coñecida Raquel Queizás nos deleitou co seu espectáculo: “O autobús da selva”, onde nos contou ese conto e outro máis que tiña como valor  principal a diversidade e a aceptación da mesma.

Estivemos moi atentos e fomos moi bos actores e actrices: bailamos, xogamos con sons e con xestos…. Foi moi  moi divertido, pero… Quen o pasou mellor?

Valores de futuro

Os alumn@s de 6º de E.P. participan nunha  actividade  que lles vai axudar  a desenvolverse no mundo, . Unha actividade  financieira   que  como consumidores que son necesitan ter  contacto cos cartos , valorar o esforzo como  medio para alcanzar unha recompensa.

la foto 2

la foto 1

Os talleres levaranse a cabo entre o segundo e o terceiro trimestre onde intentarán responder a preguntas como : que  é o diñeiro para min?   A miña responsabilidade do diñeiro…..

Mans Unidas

Dende o departamento de Pastoral organizouse o ”Día de Xexún”, para participar coa  campaña de Mans Unidas.

5

Dende o 3º curso de E.P. ata 4º da E.S.O: os alumn@s, xunto coas titoras, participamos nun camiñata ata o Dolmen de Axeitos, onde disfrutamos dun día diferente .

43

Alumn@s e mestres están moi sensibilizados con compartir e axudar a  aqueles que máis o necesitan.

Camiñamos cara a Pascua

O mércores de cinza deu comenzo a Coresma. Corenta días ata Xoves Santo.

En diferentes grupos tivemos unha celebración na capela do colexio.

Os de E.I. e 1º e 2º curso de primaria o luns comezamos a viaxe en bus  pola Coresma, na maleta levamos o perdón, o compartir e as grazas, todo para ter unha boa relación cos nosos compañeiros de viaxe. Ademais botáronnos unhas gotiñas de colonia para que cando cheguemos ao destiño, Xesús nos identifique polo bo olor.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

20150224_102633

20150224_102202

O resto de primaria fomos o martes e 1º e 2º da ESO foron o xoves. A estes impuxéronlles a cinza e na viaxe pola Coresma comprometéronse a facer xexún, 20150224_10355620150224_102417oración, e dar esmola .

Exposición do «Santa Isabel»

24633-c.g.avellaneda-o-santa-isabel-14.10.28_0

 Esta semana os cursos de 3º e 4º da ESO visitamos a exposición  “Santa Isabel: Emigración, Traxedia e Heroismo” no Auditorio de Ribeira. Da man de Pilar Casas, comisaria da mostra e responsable de Museo Municipal, percorremos toda a historia dende que lle puxeron a quilla ao barco ata as conmemoracións ás mulleres e homes valentes que axudaron aos superviventes.

 

iphone 2-15 1020

 

«El niño Gol» e Ramón García.

DSCN0115

O luns 23 de Febreiro empezamos a semana dun xeito moi emocionante! Agardabamos unha visita especial para todos os rapaces e rapazas de 1º e 2º de Primaria. Tivemos a gran sorte de poder escoitar e falar co autor dun dos libros que lemos este ano: El niño Gol.

DSCN0103

DSCN0117

O autor,Ramón García non ven só, trouxo ao seu axudante durante todos estes anos: Lapicerón. Entre os dous fixéronos pasar unha maña moi divertida onde charlamos e nos contaron contos.

DSCN0119
Grazas por vir a visitarnos e por un momento ameno tanto para pequenos coma para maiores!

Visita de Ricardo Gómez a 3º de E.P.

Dentro das actividades do Plan Lector deste curso, recibimos a visita do autor do libro «Los zorros del norte», Ricardo Gómez.

20141110_121155

 

 

Pasamos unha máñá moi divertida pois falounos da inspiración para escribir esta obra, e de como comezou a ler pola afección  que lle transmitiu o seu avó, que lle contaba contos de pequeno.

Para rematar puidemos facerlle unha morea de preguntas e asinounos os libros.

O tempo que pasamos con el non nos chegou a nada!!!

20141110_121431

20141110_121910

20141110_121621

 

 

24 de febreiro #eusonrosalía

Hoxe é o día de Rosalía. Desde o 2º ciclo da ESO queremos formar parte da homenaxe á nosa poeta universal. A raíz da proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega elaboramos o seguinte traballo.

A todos e todas Feliz Día de Rosalía!!!