Todos os anos, o 30 de xaneiro, dámonos cita para concienciar aos nosos alumn@s da importancia de vivir nun mundo sen violencia.

As nosas aulas están cheas de futuras promesas pola paz. Onde o respecto e o diálogo serán os piares da sociedade futura.




Na celebración todos cantamos unha das cancións máis emblemáticas dos 60´s «Blowing in the wind». Logo lemos o manifesto de cada etapa.


A continuación entregáronse os diplomas dos gañadores da «Liga da Paz» e
premiouse ao alumn@ máis conciliador de cada clase.





Rematamos a tarde coa solta de pombas por parte dos rapaces que chegaron este ano ao colexio. Foi un día ben especial!
