Saída á cidade de Santiago

20141210_155936

Os alum@s de 3º ciclo de E.P. visitaron Santiago  para asistir á obra de teatro “Christmas Carol” e posteriormente levaron a cabo unha visita guiada pola cidade medieval onde os alumn@s puideron aprender formas  de vida, comercio e relación entre igrexa e os monarcas.

Adentráronse no museo da catedral para poñer fin á saída.

Os alumn@s da E.S.O. asistiron a obra de inglés “ Christmas Carol”,  nun horario diferente ao de E.P.

O primeiro ciclo da E.S.O.  fixo  unha visita guiada pola cidade  dentro do programa “Pedras de Santiago”, mentres o segundo ciclo  visitou o Centro de Transfusión de Sangue onde pasaron polos distintos laboratorios nos que se trata, estuda e analiza o sangue.

O obxectivo destas actividades é a aprendizaxe dos nos@s alumn@s en todas as facetas da vida  dende o seu desenvolvmento persoal, afectivo  e cooperativo.

SAVE THE CHILDREN. «Somos la silla roja».

  • Centro embaixador Save the Children

 Como todos os anos e  dende hai 12,  con motivo do ” Día Internacional dos  Dereitos do Neno ” participamos nunha carreira solidaria a favor da educación para todos os nenos e nenas , xa que é  un dos piares máis fortes para o futuro dunha persoa e dun país.

A educación enriquécenos como persoas e ábrenos as portas aos nosos soños , converténdonos en artífices dunha sociedade mellor.

Así pasamos o día:2-28

2-2I13B4B2GRUPO 6 GRUPO 4

VOAMOS X IGUAL

Hoxe é 25 de novembro: Día contra a violencia de xénero.

Nós, os alumn@s de 2º de E.P. tivemos a sorte de recibir a visita de Ángela, unha educadora coa que traballamos dúas sesións mediante un proceso lúdico e didáctico, sobre este tema.

IMG_4688

 

 

 

 

IMG_4679

 

 

 

 

 

O obxectivo foi axudarnos a  previr e identificar a violencia de xénero, de maneira que tod@s poidamos sensibilizarnos con este problema tan dramático para a sociedade actual. Preparamos unhas camisolas co lema «VOAMOS X IGUAL» e tamén nos contou algúns contos, coma «O príncipe ceniciento».

IMG_4696 IMG_4694

Renace la alegría… Yo soy Domund!

A pasada semana o Equipo de Pastoral do noso cole, preparou unha serie de actividades moi interesantes e nas que participamos todos os cursos do noso centro: a visualización de varias curtas para sensibilizarnos  nesta campaña:

» Bintia y la gran idea»
» El sueño de Mao»
«OMP  yo soy Domund»

e a realización dun audiovisual para lembrarnos a todos que o DOMUND tamén somos cada un de nós.

Aquí tendes o enlace:

Agardamos que vos guste!

Welcome Miriam!

A pasada semana incorporouse ao noso centro Miriam, a profesora de inglés que nos vai acompañar a alumn@s e profesores este curso. A comunidade escolar do colexio A Milagrosa dálle a benvida!

la foto (1)
la foto1

DÍA DE SAN VICENTE

Comezamos un novo curso, e a primeira gran celebración vímola de festexar o día 29 de setembro.

20141008_161339

 

Os alumn@s de Educación Primaria acudiron o día de San Vicente, fundador das Fillas da Caridade, a unha celebración na capela do colexio. Todos os  cursos participaron moi activamente , véndose  reflexado o valor que pretendemos traballar:  “O sentido crítico”.

la foto-6

la foto-5

 

la foto-4 la foto-3 la foto-1

FEIRA DA EDUCACIÓN

Este ano dende o concello convidouse a todos os centros do municipio a participar  nunha exposición dos proxectos realizados  ao longo de todo o curso.

2014-05-13 11.54.062014-05-13 11.55.17

O noso centro participou cun amplo abano de actividades: dende a elaboración de contos,  ata  traballos en marquetería ou papel maché.

Dende todas as materias que abrangue o currículo traballouse de  diferentes  formas para poder alcanzar os obxectivos propostos.

No apartado de convivencia  aportamos a nosa experiencia nun taller de oración e a nosa participación durante dez anos coa O.N.G Save the children.

ANIMACIÓN Á LECTURA

O grupo de teatro ATALAIA  visitou o noso colexio para levar a cabo unha xornada de animación a lectura na que participaron todos os alumnos de E. Primaria e o último curso de EI.

2014-04-24 10.02.242014-04-24 11.59.25

Todas as sesións xiraron en torno á competencia social e cidadán,  partindo dos conflitos dos alumnos,  propios de cada idade. Eles  víanse reflectidos e partiparon activamente, sen esquecer un ton de humor.

2014-04-24 11.59.51