Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Nin unha menos

IMG_20191125_161741_508_3 (1)

As rapazas de 2º da ESO, en colaboración con algunhas de 1º da ESO, decoraron as escadas do colexio con información ilustrada sobre a violencia de xénero e os tipos que esta engloba.

Presentación sin título (7)
O alumnado do centro puido informarse, con gran interese, sobre esta problemática que segue moi presente na nosa sociedade.

IMG-20191125-WA0005_3IMG-20191125-WA0002

 

IMG-20191125-WA0003

Para que deixen de ser noticia

Asemade, os alumnos de 6º de Primaria levaron a cabo unha busca de noticias, onde aparecesen casos de violencia de xénero, para logo expoñelas e ilustralas no patio do colexio, facéndoas visibles e libres ante as miradas dos discentes. Acompañaron esta actividade deseñando unha camiseta negra con nomes de mulleres.

IMG-20191125-WA0011IMG-20191125-WA0010

Para finalizar, fixeron bolboretas lilas, coa técnica de papiroflexia, que tamén sumaron á camiseta para simbolizar e reinvindicar a liberdade.

IMG-20191125-WA0014

IMG_20191125_162516_127

Proxecto solidario

IMG_20191103_193835

Dende o pasado luns 4 de novembro, os alumnos de Educación Infantil colaboran no proxecto solidario: Ningunha familia sen comida, no cal se recollen alimentos non perecedeiros (bricks de leite, aceite, alimentos infantís, paquetes de pasta, arroz ou legumes, botes de conservas vexetais…) Esta iniciativa, que comezou neste mes de novembro, estenderáse ata o mes de maio coa participación de todas as etapas do centro.
Esta participación solidaria  pon de manifiesto o noso  compromiso coa  xenerosidade e o   encontro cos demais. Todos os alimentos recadados serán levados ao Banco de Alimentos de Cáritas en Ribeira,  que reparte os alimentos entre as personas máis desfavorecidas do concello e a súa zona de influencia.

IMG_20191113_101254

O magosto

 

52f57d84-7d66-4ecd-8126-cb3fd228ef2e

O luns 18 deste mes, acompañados dunha tarde soleada de outono, puidemos desfrutar dun gran magosto no noso centro.

Dende Educación Infantil ata a etapa da ESO, démonos cita no patio do colexio para gozar cunha variedade de xogos tradicionais organizados polos alumnos de 4º da ESO, onde a protagonista foi “Dona Castaña”.

96b7bf8b-55a2-4062-b163-668c746e77a99b0b6014-a6a5-4b8d-b826-93d340ea2dca

764471bf-08b4-46d0-a03b-3ac98198b518

Logo pasamos á degustación deste rico manxar na horta do colexio baixo a sombra das árbores.

87369c27-d148-49cc-a569-e9e8a2a6b664ca3cd4ee-b1ea-47fd-9c46-b4dd04e27bfb

f06e8b02-8230-4efe-b2f4-4074d76224f4

Os máis pequenos estiveron acompañados polos alumnos da ESO ,que se converteron en titores por un día, resultando moi gratificante para ambas partes. Ao mesmo tempo foron os encargados de amosar fermosas manualidades que realizaron coa colaboración de pais e profesores.

59f84c01-e80a-49eb-b8c6-731f4fa94cf6eefc9580-c43c-43bf-a3ac-398872694253

   d874a533-ca27-4c5d-aab0-eb26dd5a59c5

Deporte intercentros

O pasado día 15 de novembro o noso alumnado tivo a primeira xornada de deporte escolar no polideportivo municipal de A Fieiteira, onde desfrutaron de diferentes deportes xunto cos compañeiros e compañeiras do colexio Bayón.

WhatsApp Image 2019-11-18 at 21.36.12

Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física, que serviu tamén para coñecer a nenos e nenas doutro colexio, así como promover valores do deporte como respecto, igualdade e compañeirismo.

WhatsApp Image 2019-11-19 at 08.50.03WhatsApp Image 2019-11-19 at 08.50.04

Día de Lorca en Galicia

IMG_0437

O 25 de outubro de 1916 o poeta e dramaturgo Federico García Lorca chegou por vez primeira a Galicia. Volvería noutras tres ocasións a Pontevedra, Compostela, A Coruña, Lugo… Grande embaixador  da cultura galega e autor de «Seis poemas galegos», está sendo homenaxeado no Museo do Gravado de Artes, xunto co seu compañeiro de xeración, Rafael Alberti.

IMG_0435IMG_0431

Ata Artes  desprazámonos o alumnado de 3º e 4º de ESO e cuns guías de excepción, puidemos visitar a exposición «Xeración do 27: Lorca e Alberti», na que vimos, por exemplo, 12 augafortes orixinais de Alberti para ilustrar os poemas de Amor e Mar ou as litografías que creou para o Romancero Gitano de Lorca. A exposición tamén inclúe a edición da obra do granadino, Poeta en Nueva York, ilustrada por Eduardo Naranjo.

A experiencia no taller de gravado non nos deixou indiferentes, e ata puidemos serigrafiar nós mesmos algunhas pezas. Fíxonos moita ilusión!

IMG_0434IMG_0433

Para rematar, visitamos a espléndida biblioteca ilustrada que conserva fondos do s. XVI ao XX.

IMG_0438

Día da Biblioteca

 Hoxe celébrase o Día da Biblioteca e, para fomentar o uso da mesma, o alumnado de 2° da ESO levou a cabo uns lapbooks sobre libros e autores galegos, onde os seus compañeiros poden apreciar a gran variedade de información que podemos atopar a través dos libros.
Presentación sin título