No seguinte enlace podedrá aceder á listaxe de libros de texto para o vindeiro curso:
No seguinte enlace podedrá aceder á listaxe de libros de texto para o vindeiro curso:
O noso patio de butacas presenta aforo completo para asistir en primeira persoa á estrea da nosa función. Por primeira vez en cines, a produtora “Milagrosa Bros” presenta a súa primeira longametraxe titulada “O mundo do cine”.
Camerinos cheos de nervios e emocións a flor de pel… Actores noveles, amateurs e veteranos dan os últimos ensaios e encamíñanse ao escenario. Entre rexidores faise o silencio e comeza a retransmisión.
Dende os máis pequenos de Infantil, aos máis maiores de Primaria, van actuando por quendas para presentarnos as melodías e os sons de Disney e das películas máis taquilleiras do cine.
Enchen as nosas lembranzas de emotivos e divertidos fotometraxes que nos levan a un mundo de fantasía, e que nos permiten poñer punto final a un curso máis.
O grupo de teatro do centro, formado por alumnos e alumnas de E.Primaria e dirixido por Sor Francisca Varela, participou na Mostra de Teatro organizada polo concello. Tanto eles coma o público desfrutaron de dúas obras de humor e entretemento, polo que colleitaron unha chea de aplausos, nunha actuación moi especial.
Despois da estrea en Ribeira, os alumnos deleitaron no colexio a compañeiros e profesores coa súa actuación nas obras “ Pluft, el fantasma “ e “ El fotógrafo Sisebuto hace fotos en un minuto”. Recolleron o galardón en representación dos respectivos grupos, Xoel e Lucas de 5º de EP.
Parabéns, artistas!
Os alumnos de 5º e 6º disfrutan dun día na cidade da Coruña.
O seu paso polo Acuario Finisterrae e a Casa Domus non os deixou indiferentes.
Disfrutaron dun tempo de xogo con diferentes actividades ao aire libre.
Para finalizar o día paseamos pola marina ata chegar ao Museo Arqueolòxico e Històrico( Castelo de San Antòn)onde puidemos contemplar diferentes pezas da prehistoria relacionadas coa cidade da Coruña e Galicia.