Despedimos a semana das Letras cunhas palabras do homenaxeado este venres 17 de maio, Antón Fraguas. Mañá celebrarémolo no colexio cunha chea de actividades das que vos daremos conta a semana que vén.
Que pasedes un feliz día das Letras.
O pasado xoves, 9 de maio, foi un día especial. Celebramos a festa de Santa Luisa, a nosa fundadora, unha muller decidida e valente, intelixente e perseverante. Destacou pola súa entrega incondicional cara os demais. Participamos nunha gran festa, orgullosos e felices de poder formar parte da gran Familia Vicenciana.
Todos los días son de las madres , pero el pasado domingo , 5 de mayo , fue una fecha de gran importancia debido a la celebración del Día de la Madre . Este día es un homenaje a ellas por su entrega , paciencia y cariño incondicional , y que mejor forma de hacerlo que a través de las manualidades que nuestros alumn@s han hecho con ayuda de sus profes . Esta es una pequeña muestra de lo que han realizado :
O domingo 28 un grupo de 3º e 4º da ESO saímos cara Barcelona para disfrutar de cinco días de actividade cultural e lúdica.
Visitamos as bodegas de Freixenet, paseamos por Salou, coñecemos Montjuic, subimos ao Park Güell, entramos á Sagrada Familia, pisamos o circo romano de Tarragona e o seu anfiteatro, percorremos as súas rúas, disfrutamos dunhas horas de multiaventura, fixemos un cruceiro polo Ebro, soltamos adrenalina durante un día enteiro en Port Aventura e para rematar repiramos aire fresco no Parque Natural do Monasterio de Piedra.
O alumnado de 1º e 2º da Educación Primaria convertémonos en pequenos panadeiros!
Realizamos unha visita didáctica ao Parque da Natureza dos Muíños de Barosa (Concello de Barro, Pontevedra). Os nenos/as aprenderon de xeito presencial como funcionan os muíños e os fornos de pedra, a súa historia e os procesos da elaboración do pan. Coñeceron os distintos tipos de cereais e como ao moelos se consegue a fariña. Tamén nos mostraron os diferentes ingredientes que leva a masa para elaborar o pan.
Concluímos a xornada cun taller de amasado de pan para que os nenos elaboren cada un o seu propio bolo.
Cada neno/a trouxo para a súa casa un moletiño de pan de recordo.
A cápsula do tempo convertiuse no proxecto para estudar o paso do tempo co alumnado de 1º da Educación Primaria. A través deste proxecto queremos observar como van cambiando os materiais cos que traballamos hoxe en día na escola, como as nosas familias se van transformando e como as novas tecnoloxías van mudando.
Os alumnos de 1º da Educación Primaria foron os protagonistas á hora de elixir os obxectos cos que poder experimentar máis cambios ao longo destes 10 anos. A cápsula con estes obxectos estará agochada na horta do colexio unha década.
Coa apertura da cápsula no 2029, sendo xa uns adolescentes, recibirán unha carta escrita no 2019 polas persoas máis importantes das súas vidas, os seus pais.
Para este importante acto, contamos coa visita do noso alcalde, Manolo Ruiz, que non quixo perder a ocasión de facer unha reflexión acerca da actividade proposta.
Foi unha tarde cargada de emocións, recollida polo xornal La voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/ribeira/2019/05/01/colegio-oleiros-enterro-capsula-tiempo/0003_201905B1C10992.htm
Os alumn@s de EP de 1º a 6º asisten á obra de teatro en inglés “Tarzán” no Auditorio de Ribeira.
Os alumn@s participaron activamente e disfrutaron da actuación.
Seguidamente os máis pequenos visitaron a biblioteca e coñeceron a figura de Luis Seoane .
Os maiores de 5º e 6º completaron a xornada coa visita guiada á lonxa onde aprenderon o percorrido que segue o peixe dende que se pesca ata que chega ao mercado; así como a importancia do porto a nivel europeo e como fonte de traballo.