AUXILIAR DE CONVERSA 2015-16

Despois da experiencia do paso da auxiliar de conversa por este centro, este curso vamos a darlle continuidade. Neste mes de outubro, escomezará unha auxiliar de conversa que acompañará ao profesor titular de lingua estranxeira nunha sesión semanal en tódos os cursos do centro. Nos cursos nos que o Coñecemento do medio se imparte en inglés ( Science) tamen estará presente nesa materia unha vez á semana.
Ademais, na hora extraescolar formará grupos de conversa cos alumnos de 6º de EP ata 4º ESO que soliciten esta actividade. Este servizo supón un custo que a administración non vai sufragar, pero que aínda así consideramos que é de vital importancia. Polo tanto, é fundamental a participación das familias a través dunha aportación en forma de donativo voluntario.
Confiamos que as familias colaboren con esa aportación, xa que aínda que a porcentaxe de participación do curso pasado foi alta, o feito de ter unha cuota moi axustada, deu lugar a que o centro non cubrise tódolos gastos deste servizo. É preferible que participe todo o mundo ca ter que subir a contía por alumno, e sobre todo, porque é un servizo que disfruta TODO o alumnado.
A forma de colaborar é a seguinte: facer unha única aportación voluntaria de 25€/alumno na seguinte conta: ES35 0238 8198 1806 0000 3271
É moi importante facer constar o nome e curso do alumno relacionado coa aportación, para que poidamos rexistrar estes ingresos. Como o centro xa ten que efectuar o pago da primeira cuota, sería interesante que as aportacións se fixeran antes do 10 de decembro. Se algunha familia non pode asumir este servizo ou esta data límite, poden poñerse en contacto coa dirección do centro.