AXUDAS LIBROS 2024-25
ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
Toda a información en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
AXUDAS LIBROS 2023-24
ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
Toda a información en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
AXUDAS LIBROS 2022-23
CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.
O prazo para presentar solicitudes será do 19 de maio ao 22 de xuño, incluído.
Pódese presentar a solicitude:
- Telemáticamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia logo de cubrir os datos da solicitude na aplicación fondo libros (obtendo un número de solicitude)
- Ou no centro , Anexo I e Anexo II.
Toda a información en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
AXUDAS LIBROS 2021-22
LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS ESO
Publicado no taboleiro do interior do colexio a listaxe definitiva de admitidos no fondo de libros de texto da ESO: 1º, 2º, 3º e 4º. Todas as solicitudes resultaron admitidas e o reparto de libros dependerá da renda per cápita familiar e das existencias do centro.
A partires deste momento recibirán un correo na plataforma cos libros adxudicados.
Según o artigo 13 bis da Orde do 12 de maio do 2021, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS ESO
Publicado no taboleiro do interior do colexio a listaxe provisional de admitidos no fondo de libros de texto da ESO: 1º, 2º, 3º e 4º. Todas as solicitudes resultaron admitidas e o reparto de libros dependerá da renda per cápita familiar e das existencias do centro.
O 13 de setembro publicarase a listaxe definitiva na que se indicarán os libros que lle corresponden a cada alumno.
A partires dese momento recibirán un correo na plataforma cos libros adxudicados.
Según o artigo 13 bis da Orde do 12 de maio do 2021, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS PRIMARIA
FONDO LIBROS PRIMARIA
Publicado no taboleiro do interior do colexio a listaxe definitiva de admitidos no fondo de libros de texto de primaria: 3º,4º,5º e 6º EP. Cada familia recibirá un correo electrónico na plataforma EDUCAMOS coa información dos libros asignados. Estes libros serán entregados aos alumnos cando se inicie a xornada lectiva no mes de setembro.
FONDO LIBROS ESO
En setembro publicaranse as listaxes correspondentes ao fondo de libros dos alumnos da ESO xa que o reparto depende das devolucións dos alumnos con materias pendentes.
Según o artigo 13 da Orde do 6 de maio, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS PRIMARIA
Publicado no taboleiro do interior do colexio a listaxe provisional de admitidos no fondo de libros de texto de Ed. Primaria. Todas as solicitudes resultaron admitidas e o reparto de libros dependerá da renda per cápita familiar e das existencias do centro.
Antes do 13 de xullo publicarase a listaxe definitiva na que se indicarán os libros que lle corresponden a cada alumn@.
Según o artigo 13 da Orde do 6 de maio, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
A Orde do 6 de maio de 2021 regula as seguintes convocatorias: AXUDAS LIBROS, FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR:
http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
Para a tramitación e sede electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
Prazo para solicitar as axudas: Ata o día 22 de xuño de 2021 (este incluído)
Destinatarios FONDO SOLIDARIO (libros que xa ten o centro, procedentes das axudas do curso anterior ou doados )
Alumnado de Primaria de 3º,4º, 5º e 6ºcurso, e de 1º ,2º,3º e 4º da ESO.
6 libros para as familias con Renda per cápita familiar < = 6000€
4 libros para as familias con Renda per cápita familiar entre 6000 € e 10000€
Destinatarios AXUDAS LIBROS (para mercar cos vales)
Alumnado de 1º, 2º de primaria, Educación especial
210 € para as familias con Renda per cápita familiar < = 6000€
140€ para as familias con Renda per cápita familiar entre 6000 € e 10000€
Destinatarios AXUDAS MATERIAL ESCOLAR
Alumnado de PRIMARIA e ESO
Vale de 50€/alumno para as familias con Renda per cápita familiar <= 6000€