O mércores de cinza deu comenzo a Coresma. Corenta días ata Xoves Santo.
En diferentes grupos tivemos unha celebración na capela do colexio.
Os de E.I. e 1º e 2º curso de primaria o luns comezamos a viaxe en bus pola Coresma, na maleta levamos o perdón, o compartir e as grazas, todo para ter unha boa relación cos nosos compañeiros de viaxe. Ademais botáronnos unhas gotiñas de colonia para que cando cheguemos ao destiño, Xesús nos identifique polo bo olor.
O resto de primaria fomos o martes e 1º e 2º da ESO foron o xoves. A estes impuxéronlles a cinza e na viaxe pola Coresma comprometéronse a facer xexún, oración, e dar esmola .