CAMPAÑA SOLIDARIA

imprimir-a3-1024x724Esta semana colaboramos coa campaña de recollida de roupa e calzado que a ONG Solidariedade Galega co pobo Saharauí vai realizar nos centros de ensino da comarca. Todos aqueles que desexen participar, poden traer ao centro as súas doazóns, que serán recollidas ata o venres 28 e que servirán para colaborar no Programa Vacacións en Paz, de acollida a nenos e nenas refuxiadas nos meses de verán.

Moitas grazas pola súa colaboración.