Cartas desde Sáhara

IMG_1642

En decembro un grupo de alumnos de 4ESO enviamos cartas a compañeiros do Colexio Simón Bolivar, nos campos de refuxiados saharauís. Aproveitamos a visita á familia que fixo Larusi, un rapaz que estuda en Ribeira, para que as levara. E viñeron de volta grazas a Ramón «Filipino» cando foi en febreiro a correr o Sahara Maratón. Recibimos a resposta, lemos e compartimos as cartas cos compañeiros de clase e agora coñecemos mellor a realidade dun pobo que só quere regresar ao seu país.

IMG_1640