Casa do Queixo en Sobrado dos Monxes

Os alumnos de 5º e 6º de Educación Infantil fomos de excursión cultural e de ocio á Casa do Queixo. Que nervios antes de subir no autobús!

Cando chegamos, recibíronnos os monitores que eran moi amables e simpáticos e dispuxémonos a pasar un día cheo de sorpresas para nós. Fixemos unha morea de actividades e aprendemos moitas cousas!

6129025

No taller de queixo puxémonos mans á obra e aquí vedes que ben se nos daba preparalo. Todos quixemos axudar, así que agora xa sabemos facer queixo artesanal … estaba riquísimo!

 

 

 

 

Tamén participamos nunha aula de reciclaxe, explicáronnos moitas cousas novas, despois de moito traballar  quedounos así de ben. Foi moi divertido!

6129039

61290476129041

 

 

Unha parte especial da nosa saída foi a visita ós animais da granxa-zoo. Que grandes eran!  Estivemos moi atentos porque o día estaba sendo emocionante.

6129053

E para rematar, tamén fixemos a Ruta do Muíño Encantado. Que fermoso camiñar polo campo, escoitar os paxaros e coñecer un lugar diferente!

6129038

 

Chegou a hora de voltar, xa que as nosas familias agardaban por nós. Subimos ó autobús e volvemos supercontentos para a casa. Pasámolo moi ben!