Casa Grande de Xanceda 1º ciclo de Primaria

O pasado mércores 11 de maio, estivemos cos nosos alumnos de 1º ciclo da Primaria na Casa Grande de Xanceda e na Aula da Natureza de Brañas de Valga, en Mesía.

IMG_8635IMG_8663

Os alumnos pasárono xenial visitando aos animais, déronlles de comer e puideron estar en contacto con eles en plena natureza.

IMG_8701IMG_8580

Tamén participaron  en talleres, como os dos comedeiros de paxaros e as figuras de barro, experimentaron e manipularon diversos alimentos para animais  e comprobaron como se fan os iogures que comen habitualmente.

20160511_134452

Disfrutaron de moitas actividades ao aire libre e tamén tiveron tempo de lecer. Foi unha experiencia moi gratificante para eles, difícil de olvidar, con moitas cousas para contar. E o seu comportamento foi excelente, GRAZAS RAPACES!

20160511_12053020160511_160647

Aquí vos deixamos algunhas imaxes deste día tan especial.

IMG_8624 - copiaIMG_8653