XADREZ

A punto de rematar a actividade de xadrez os nosos alumnos participaron en varios campionatos onde disfrutaron e  obtiveron moi bos resultados. No campionato da Baña quedaron subcapións comarcais: Soren, Marcos,  Paulo e Hugo.

Na categoría de Alevíns acadaron a cuarta posición Simón e Fran

Como campión intercomarcal a actuación de José Antonio que participou na categoría de Benxamíns como membro da escola de Xadrez  infantil.

Parabéns aos nosos campións.

A NOSA CIDADE

@s alumn@s de 2º de primaria realizaron o proxecto da cidade dentro da materia de Social para coñecer os diferentes espazos e funciòns que se realizan en cada un deles.

@s alumn@s de 1º da ESO encheron de cor e vistosidade a nosa cidade coas árbores realizadas na materia de Plástica.

VIAXE A ALLARIZ

O 2 de maio, os grupos de 5º e 6º de primaria tiveron un día diferente. O alumnado foi de excursión a Allariz. 

Pola mañá visitaron o Allariz do pasado da man dos nosos guías Herminia e José Luis. Durante o percorrido pola vila fomos coñecendo diferentes aspectos relacionados coa arquitectura do lugar de xeito teatralizado.  

Logo desprazámonos ata o Centro Medioambiental do Rexo onde xantamos ao aire libre. Máis tarde visitamos a granxa e os monitores explicáronnos moitas cousas arredor do seu funcionamento. Alí visitamos a obra do artista Agustín Ibarrola e tamén compartimos ideas sobre como facer un mundo máis sostible e de calidade para todos. 

Durante a visita desfrutamos dos animais que se atopaban alí e do entorno do río Arnoia. 

CELEBRAMOS SANTA LUISA

Como cada ano, o 9 de maio conmemoramos a festa da nosa fundadora Santa Luisa de Marillac. Unha celebración na que nos reunimos todo o colexio para dar gracias a Luisa de Marillac que entregou a súa vida polos demáis e que soñaba ao grande. Sentímonos agradecidos por poder formar parte deste soño, que Santa Luisa de Marillac xunto con San Vicente de Paúl dirixan o rumbo das nosas travesías!

PROXECTO DE CONVIVENCIA

O departamento de Convivencia puxo en marcha un proxecto para concienciar ao alumnado da importancia que teñen as actuacións individuais para a mellora dun colectivo. 

Os alumn@s serán os encargados de observar e expresar por escrito cubrindo as fichas que colgan da árbore,  as boas e malas accións que se vaian desenvolvendo no centro escolar depositándoas nunhas urnas de diferentes cores (azul e vermella) que están  situadas no corredor.

Cada semana se fará un rexistro da información aportada polo alumnado co obxectivo de solucionar e mellorar os conflictos xurdidos.

CÓNTOCHE UN TRAXE

Os alumnos do segundo ciclo de Educación Primaria viviron unha nova experiencia no Museo Municipal de Ribeira o pasado día 26 de abril.

A integrante do grupo Leilía, Montse Rivera, levounos por unha viaxe a través do traxe rexional galego. Fíxoo dunha maneira sinxela, orixinal e dinámica. A súa narración ía acompañada de cantigas referidas ás pezas de roupa que nos amosaba. Tamén fixo partícipes tanto ao profesorado coma ao alumnado vestíndoos con pezas de roupa tradicionais coas que vestían os nosos devanceiros. Pasámolo xenial!

Sabes o que é a pegada dixital?

@s alumn@s de 3º da ESO tiveron un Obradoiro dentro do Programa Educativo “Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais”, ofertado pola Consellería de Educación.

Pretende capacitar ao alumnado no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

No obradoiro abordaron:

  • A xestión segura das redes sociais que máis están a empregar os adolescentes.
  • Explicación do que é a Identidade dixital e a importancia da pegada dixital.
  • E coñecemento de ferramentas e recursos aos que poden acudir cando teñen alguna dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía.

Estivo impartido por Manuel Rivas, especialista da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Entre letras anda o conto!

Con motivo da conmemoración do Día do libro, o 23 de abril, ao longo da semana leváronse a cabo diferentes propostas relacionadas coa lectura. Entre elas podemos destacar o apadriñamento lector, actividade interetapa entre o alumnado de 1º de primaria e 6º de infantil, a lectura en familia, onde as mamás dos cativos de 5º de infantil nos narraron os seus contos preferidos ou  cóntoche un conto, un obradoiro de lectura dos alumnos de 6º de primaria a 4º de infantil. Un clima de maxia inundou o centro, onde nenos e nenas, profes e familias desfrutamos da literatura deixando voar a nosa imaxinación.