Hoxe fíxose entrega de premios aos alumnos que participaron no torneo interno das clases de xadrez que participan na actividade complementaria que se desenvolve no horario de 14:00a 15:00h.
Noticias
DÍA DO AUTISMO
O día 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e dende o colexio démoslle visibilidade a través de diversas actividades.
Pola mañá os nenos e nenas visualizaron o vídeo da campaña deste ano https://youtu.be/9hYY7a-XUQ8, cantamos a canción https://www.youtube.com/watch?v=9hYY7a-XUQ8&feature=youtu.be e algúns dos alumnos que teñen este trastorno foron os encargados de achegar as súas emocións e coñecementos a todas as etapas do centro.
Pola tarde saímos ao patio para representar o símbolo infinito, ler un manifesto e gritar o lema CHAMÉLOLO POLO SEU NOME!

LANDSCAPES
SAVE THE CHILDREN
AQUOLOXÍA
A auga é un tesouro preciso para vivir que debemos coidar moi ben. O xoves 29, os alumnos de 1º a 3º de Educación Primaria tivemos a visita de Nati e o seu equipo de Aquoloxía; onde nos explicaron e nos pediron axuda para coidalo medio ambiente e promover hábitos para actuar sobre o cambio climático. Todo isto fixérono a través de vídeos e xogos interactivos e con experimentos onde observamos o ciclo da auga urbano, o seu tratamento para poder bebela e tamén nos deron consellos para aforrar no consumo da auga.
Convertémonos en expertos sobre o correcto uso da auga e, por iso, ganámonos un diploma.
Gracias equipo Aquoloxía!!

COMPOSICIÓN XIRATORIA
Os alumnos de 2º de ESO puxeron en práctica todos os contidos traballados ata o momento na aula de Música a través dunha sinxela composición.
En grupos de cooperativo, e mediante a estrutura do Folio xiratorio; fomos compoñendo unha sinxela melodía de 8 compases en escala de Do Maior. Para comprobar a evolución da mesma, botamos man dos carillóns e disfrutamos do son da nosa melodía. Despois de todos os medos iniciais, os resultados non estiveron tan mal… Quen sabe, habrá algún Mozart entre nós?


VIVENCIAS MATERNAS
Ao longo destas últimas semanas, os alumnos de 5º estivemos traballando o tema da reprodución. Entendendo as diferencias que existen entre homes e mulleres e o papel fundamental que xogan na creación dunha nova vida.
Convertidos en protagonistas da nosa propia aprendizaxe, levamos a cabo unha serie de entrevistas a unhas persoas moi importantes para nós: as nosas nais.
A posta en común foi tan interesante, que decidimos invitalas á aula, para así, poder coñecer de primeira man a súa experiencia durante o embarazo, o parto e os primeiros días como mamás. As anécdotas, risas e emocións; non faltaron, e nós sentímonos moi orgullosos de telas entre nós facéndonos partícipes dos seus recordos.
Como broche final, invitamos a Loli Martínez Romero, matrona de profesión; que nos ensinou de primeira man a labor que leva a cabo coas mulleres que chegan á súa consulta. Tamén nos explicou a importancia do vínculo emocional entre nai e fillo e axudounos a resolver todas as dúbidas que foron xurdindo ao longo da xornada.




EXPERIMENTANDO COA MÚSICA
Ao longo deste curso, os alumnos de Música Activa, participamos dunha gran variedade de actividades musicais que nos permitiron coñecer dunha forma lúdica e dinámica os principais elementos da linguaxe musical.
Convertémonos en luthiers, a través da construción do noso pau de chuvia. Fomos pequenos intérpretes sentados ao fronte do carillón e do piano. Descubrimos o funcionamento do piano e dos instrumentos de pequena percusión. Bailamos algunha coreografía e xogamos con ritmos de percusión corporal. Asistimos a un concerto de piano en directo. E por suposto, levamos a cabo algunha sesión de relaxación que nos permitiu traballar a respiración e escoitar con maior atención as pezas de música clásica coas que traballábamos.
Estas distintas experiencias permítennos interiorizar a música como un elemento innato do noso ser e deste xeito, comprendela e empregala como un recurso máis do noso día a día.






