MAGOSTO

Unha tarde de outono para recordar.
Dende EI ata a ESO disfrutamos dunha tarde de convivencia, onde os xogos fixeron o disfrute dos alumnos  e a degustación das castañas encheron os nosos bandullos.


OUTONO

Pintado con cores laranxas, amarelas, vermellas, verdes e marróns chegou o outono. Os nenos e nenas de infantil descubrimos a nova estación coas súas peculiaridades. Paseamos pola horta do centro para identificar os cambios na contorna, que sorte a nosa!, creamos na aula o noso propio recanto do outono coa colaboración das familias, as cales sempre se amosan predispostas a participar, degustamos froitos típicos desta época e ata debullamos millo! Agardamos desfrutar de todo aquelo que o outono nos poida brindar!

SAMAÍN INFANTIL

Os nenos e nenas de Educación Infantil achegámonos a unha das festas populares do outono: o Samaín. Desfrutamos descubrindo algunha das súas características e deixamos voar a nosa imaxinación coa elaboración de pezas relacionadas coa festividade que resultaron do máis terroríficas!

SAMAÍN 2022

E un ano máis chegou o Samaín, así que puxémonos mans á obra e esta semana, o alumnado de 1º de EP preparou unhas fermosas cabazas de papel, 2º , 3º e 4º de EP uns farolillos, e 5º e 6º EP decoramos con motivos terroríficos unas láminas con xices. 5º e 6º de EP e tamén a ESO participamos na actividade de escritura creativa: “Micropesadelos”. Contamos pequenas historias, contos e lendas que meten medo! Redactamos, pintamos e decoramos así de terrorífico o noso corredor, adicado  a esta festa tradicional.

Que pasedes un feliz Samaín!

DOMUND

Este domingo 23 de outubro celebramos o DOMUND, co  lema “Seredes a miñas testemuñas”, a xornada quere compartir as testemuñas dos misioneiros, “o rostro más bonito da Igrexa”.

Nesta xornada, dun xeito especial, a Igrexa universal reza polos misioneiros e colabora coas misións. Este ano, esta data é máis especial, xa que o DOMUND cumpre 200 anos ao servicio da misión.