FORMACIÓN DEPARTAMENTO PASTORAL

Os profesores tamén necesitamos formarnos, e a iso adicámonos un pequeno grupo o pasado fin de semana en León na Casa Provincial das Fillas da Caridade. Nesta formación centrámonos na importancia do ser, saber e saber facer, como persoas crentes no Deus de Xesús de Nazaret… ao estilo de San Vicente e Santa Luisa. 

Estes cursos fannos avanzar xuntos e mellorar, persoal e profesionalmente, como educadores vicencianos. 

AULA DE PT

Este curso 22-23 inaguramos unha nova clase,  onde  a diversidade poderá ser atendida por unha especialista que fará que os nosos alumnos poidan traballar atendendo as súas necesidades.

María será a encargada de compaxinar as actividades no grupo-clase e as tareas individuais.

CELEBRACIÓNS SAN VICENTE

O pasado martes celebramos o día de San Vicente de Paúl, foi un día grande, cheo de ledicia. Foi unha xornada diferente onde vivimos moitas emocións. Na visita á capela abrimos os nosos corazóns á súa mensaxe, adicándolle cada oración e cada canción a esa persoa que nos ensinou que a forza do amor e a súa creatividade fan posible que construamos sonos de PAZ coma el fixo no seu tempo.  

E na hora do recreo todos os alumnos e mestres do colexio compartimos un delicioso chocolate con churros, xogos e risas. Foi unha xornada diferente que nos fixo abandonar, por uns momentos, a rutina dos deberes e as programacións.

                                 PARABÉNS SAN VICENTE!!