Os alumnos de 1º identificaron as diferentes partes da planta e todo o necesario para poder vivir.
Rematamos o proxecto coa exposiciòn dos seus traballos.

Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria participaron esta semana nunha dinámica sobre o acoso escolar. A través dela, reflexionaron sobre as situacións que viven a miúdo aqueles compañeiros que non son ben aceptados polo seu grupo de iguais.
Puxéronse en común as experiencias de cada un e expresaron como se sentían cando lles toca estar na pel do que sofre insultos e desprezos. Tras isto, atrevéronse a decir tres cualidades dalguén da clase e reflexionaron sobre o ben que nos fai sentir oír cousas positivas sobre un mesmo.
Como di o proverbio: “Para levarse ben, non se necesitan as mesmas ideas, necesítase o mesmo respecto”.
Co motivo da celebración do día da árbore do pasado luns, os alumnos de 4º da ESO aproveitaron a boa tarde primaveral para plantar unha das camelias cedidas pola concellería de parques e xardíns do Concello de Ribeira.
A horta do colexio segue medrando en especies arbóreas….. e en voluntarios nos seus coidados. Grazas rapaces!!
O martes, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha data que nos invita a reflexionar sobre a situación da muller en todo o mundo, nos anima a fomentar accións que contribúan a recoñecer as aportacións de todas esas mulleres e nenas e tamén a celebrar a valentía… por iso:
Pasámolo estupendamente na compaña de Lucía e Paula. Elas fixeron unha festa de pixamas moi divertida na que nos transmitiron valores moi importantes como son a igualdade e que na realidade e nos contos as nenas deberían ter a posibilidade de soñar e ser o que elas decidan ser.
A celebración da imposición da cinza pódese visualizar no No blog de Pastoral.
Xa se pode consultar a información sobre o proceso de admisión para o vindeiro curso 2022-23 no apartado ADMISIÓN ALUMNOS.