CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

O venres pasado o noso cole encheuse de creatividade, ilusión, alegría, desfiles, bailes  e moitas gañas de compartir momentos felices entre compañeiros con motivo dunha celebración de longa tradición popular, o Entroido. Especialmente este ano, no que o alumnado se achegou ás tradicións dos sete entroidos galegos que exhiben con orgullo a cualificación de “Festa de interese turístico”.

DÍA DE ROSALÍA

No 23 de febreiro temos unha data a celebrar: o aniversario do nacemento de Rosalía.

Coma noutras ocasións puxémonos a traballar coa súa poesía e todos os alumnos e

 alumnas da ESO lemos, escribimos e reflexionamos sobre a mensaxe da súa obra.

Seguindo a proposta da AELG confeccionamos con eses versos uns carteis de flores: os pensamentos.

“Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino”.

 #SementadePensamentos

#_rdc_2022

O ANTROIDO

Que estaremos a argallar en 1º e 2º ESO?

Estamos en febreiro, case case na metade do trimestre e que vén  por aí?

O Antroido!

Aínda que non sexa igual que outros anos polas circunstancias que estamos a vivir, sí que podemos coñecer e desfrutar del, da súa historia e protagonistas. E sobre iso traballamos nos nosos “Venres culturais”.

En nadiña xa está aquí, e xa veredes os nosos proxectos!

DÍA DA PAZ

Cada 30 de xaneiro, os centros educativos celebramos o día da Non Violencia e da PAZ. Neste curso tan atípico pola pandemia, esta data ten, tamén, especial importancia debido a preocupación  polos acontecementos mundiais que amosan a intolerancia dalgúns seres humanos que nos fan lembrar a importancia do coñecemento mutuo, do diálogo  e do respecto aos demais. Non deixamos de ter presente que: ”Queremos un mundo en PAZ”. Deste xeito celebramos esta día, tendo presente a Historia de Sadako, que nos transmite valores importantes como o esforzo, a constancia, a esperanza e a creatividade entre outros. Todos eles móvennos  a perseguir a convivencia pacífica, pero non só dentro de nosas aulas, senón tamén intentándoa levar, fóra delas.

INFANCIA MISIONEIRA

O domingo 16 de xaneiro os nenos e nenas celebran a Xornada da Infancia Misioneira, “o Domund dos Nenos”, para axudar aos misioneiros no seu traballo coa infancia. A Infancia Misioneira é unha das ferramentas que a Igrexa ten para que nos lugares de misión conten con medios para atendelos nenos e nenas nas misións. Por iso, a Xornada da Infancia Misioneira conta con tres xeitos de ensinar aos nenos o espírito misioneiro: por medio da oración, axudando aos que temos preto noso e compartindo coas persoas que o precisan. Desta maneira intentaremos ser LUZ PARA O MUNDO, como nos lembra o lema deste ano. 

OPERACIÓN QUILO

A Comunidade Educativa quérevos agradecer a vosa xenerosidade, a vosa solidariedade e o voso compromiso, a pesares das circunstancias aínda adversas que estamos a padecer. Queremos dárvolas gracias por compartir cos máis necesitados, e cos que, nestos momentos, a Covid 19 deixounos en desamparo. 

Gracias por axudarnos a axudar, con pequenos xestos pero efectivos, construímos un mundo máis humano e solidario que é o auténtico sentido do Nadal.

NADAL

Volve a ser un Nadal, no que debemos ter moita precaución para protexernos e protexer aos nosos. 

Tampouco  lle foi doado a María e Xosé que, despois dunha longa viaxe, tiveron que  refuxiarse nunha pequena corte para dar a luz ao seu fillo. Xesús ven a estar connosco, este é o verdadeiro sentido do Nadal, debemos acollelo para sentir a verdadeira ledicia que non consiste no material: senón que é compartir e axudar. Oxalá que nós, que temos moito, saibamos crear eses ambientes seguros para vivir en familia o Nadal. 

Que a Sagrada Familia, símbolo de unidade e protección, nos acompañe neste Nadal.