
Noticias
2º DOMINGO ADVENTO
Algunhas veces temos os oídos cheos de ruídos que nos impiden escoitar con claridade a mensaxe de Xesús e facela nosa. Xoán o Bautista invítanos a afinalo noso oído para escoitar atentamente a súa Palabra de Xesús, que é AMOR en estado puro. Por iso ao longo desta segunda semana imos abrilos nosos oídos e o noso corazón para escoitar a Palabra de Deus que nos fala de tenrura, de apertura, de sinceridade e verdade, de reconciliación, de misericordia, de compaixón… Non che parece que son motivos abondo para removela conciencia durmida desta sociedade?

SEMANA MILAGROSA
Como cada ano, ao chegar estas datas(27-29 de novembro) celebramos con devoción a festividade da Virxe Milagrosa. Nestes tempos de incerteza que estamos a vivir, a nosa fe aléntanos a seguir adiante e a crer que todo é posible.
Os noso alumnos celebraron ao longo desta semana, coas medidas Covid pertinentes, as distintas celebracións e eucaristías acompañados dos seus titores. Todas as celebracións foron sinxelas, participativas e emotivas. En todas se fixo fincapé en que a Virxe sempre nos acompaña e dende a súa capela cóidanos e protéxenos. Ao final das mesmas os alumnos saíron tendo moi presentes as verbas da Virxe a Catarina Labouré: “As gracias serán máis abundantes para quen a leve con confianza!, xa que todos ao final de cada celebración levaron a súa pulseira coa Medalla Milagrosa.
PIEDRA, PAPEL, TIJERAS
OPERACIÓN QUILO
Dende o colexio unímonos a Cáritas, que nos solicita novamente, a nosa colaboración para axudar na súa labor social ás familias con dificultades do concello de Ribeira. Sensibilizados coa complicada situación que moitas familias continúan atravesando, organizamos esta campaña solidaria de recollida de alimentos non perecedeiros (aceite, legumes, latas de conserva, alimentos infantís, arroz, cacao, azucre, galletas, pasta, fariña…) Por iso, dende o 1 de decembro ata o día 22 do mesmo mes, pedímosvos a vosa colaboración.
Gracias de antemán.
COMEZA O TEMPO DE ADVENTO

A vida está chea de agasallos, que moitas veces pasan desapercibidos, porque quizáis non os apreciamos ou non caemos na conta de que existen. No noso corazón levamos agasallos que non compartimos cos demais. O Advento é un tempo propicio para descubrir que queremos compartir e dar do que levamos dentro do noso corazón e así prepararnos para recibir o mellor regalo que é Xesús, que se fai meniño, Deus faise pequeno, porque nos ama tal e como somos e nos invita a compartir todo o bo que hai no noso corazón, cos compañeiros, cos amigos, coa familia, cos máis pobres e necesitados.
«EU SAÚDE»
Durante a semana pasada estivemos traballando os contidos relacionados coa forza e o balonmán e ao mesmo tempo analizamos os carteis da iniciativa “eu saúde :)” onde vimos diferentes beneficios do exercicio, non só a nivel físico, se non tamén a nivel emocional e social coa axuda de deportistas galegos de alto nivel.

FESTIVIDADE DA MILAGROSA
Hoxe foi un día de festa para todos os que formamos parte da familia vicenciana.
O bo tempo fixo que puideramos disfrutar dunha tarde de convivencia e xogos que encheron de ilusiòn e sorrisos os nosos patios.
Todos agardaban con espectación unha sorpresa… ¡un inchable !que agradou a pequenos e maiores.
Unha tarde de lecer para festexar o día da nosa patrona .
25 DE NOVEMBRO-NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO
Con motivo da conmemoración do 25 de novembro (Día contra á violencia de xénero) presentámosvos ás persoas máis ValenteS do universo…
Queremos que sexades valentes,
Valentes para falar,
Valentes para ser,
Valentes para sorrir,
Valentes para respectar,
Valentes para amar,
Valentes para mirarvos ao espello,
Valentes para cambiar, para ver o bo e para loitar porque non haxa ningunha máis, nin ningunha menos.
O longo do día realizamos diferentes actividades para concienciarnos do problema na sociedade na que vivimos. Contacontos, manualidades, elaboración de adhesivos e sobre todo, observamos o noso reflexo. Ese reflexo que se converterá na sociedade do mañá.


