Os alumn@s de 2º de primaria disfrutaron aprendendo o nome dos planetas e o tempo que tardan en dar a volta arredor do Sol.
Remataron a unidade cun pequeno móbil.

O comenzo do outono invita a levar a cabo múltiples actividades para adentrarnos na cultura galega e anglosaxona. Dende as diferentes materias puxéronse de manifesto diferentes aspectos destas celebraciòns dende a orixe, gastronomía, a ciencia ,a arte, literatura…
Este Samaín mete medo!
1º e 2º de ESO fixemos para o noso proxecto de trimestre unas fermosas cabazas decoradas. Aprendemos a historia desta terrorífica festa e xogamos coas palabras do outono e do ano novo celta. Tiramos unas poucas fotos antes de marchar e velaquí o resultado!
O penúltimo domingo de outubro, proclamado «Xornada Mundial das Misións» constitúe o punto culminante deste mes de outubro misioneiro. Durante todo este mes, e particularmente o domingo 24 proclamamos a importancia da misión para levar a bo porto a axuda e evanxelización dos pobos máis necesitados. Para impulsar esta labor, os misioneiros e misioneiras contan a todo o mundo o que ven e escoitan nos lugares onde axudan.
Os alumn@s de 5º e 6º de primaria comenzaron a traballar este mes coa plataforma Snappet como complemento ao libro de texto .
Unha nova ferramenta que axudará ao alumno a conseguir os obxectivos propostos adaptándose ao nivel e ritmo de cada un.
Esta nova metodoloxía foi acollida por parte do alumnado con moita satisfacción.
Os días 27 e 28 de setembro todo o colexio estivo de festa. Foron uns días moi especiais para nós, xa que celebrábamos o día de San Vicente de Paúl, fundador das Fillas da Caridade. Celebramos este día tan sinalado con diferentes actividades nas diferentes etapas. Todos recordamos a San Vicente e pedímoslle que nos axude a darnos aos demais, especialmente aos máis pobres, así poderemos ser máis felices, seguindo o seu exemplo.
Os alumnos de Infantil foron á capela cantado as cancións que preparamos nas aulas. Tódalas cancións foron de agradecemento ao noso querido San Vicente, porque el foi un gran amigo dos nenos.
Este ano, como novidade, estreamos o banco e o valado da amizade, para que ningún compañeiro se sinta só e poidamos compartir e agradecer todo o que temos.